A Unión Deportiva Las Palmas Atlético é un club de fútbol español da cidade de Las Palmas, nas Illas Canarias. Foi fundado en 1941 e trátase do equipo filial da UD Las Palmas. Actualmente xoga na Segunda División B, logo de ascender na tempada 2012/13.
Historia O Las Palmas Atlético foi fundado como tal en 1977 cando consegue o seu primeiro ascenso a Terceira División, aínda que desde 1941 existen precedentes de filiais, cando se fundou como Unión Atlética. En 1958 pasou a chamarse Las Palmas Aficionado.O filial: viveiro do fútbol canario Historia del Fútbol Canario.com
O equipo militou sempre entre a divisións Terceira e Segunda B, á que ascendeu por primeira vez en 1979, permanecendo tres tempadas consecutivas.
Na tempada 1984/85 alcanzou a final da Copa da Liga de Terceira División, que lle enfrontou á Unión Balompédica Conquense. Tras derrotar como local ao equipo de Cuenca por 2-0, caeu por 4-1 na prórroga do partido de volta.
O último ascenso produciuse na tempada 2007/08. Nesa mesma tempada recuperouse a denominación Las Palmas Atlético, en lugar de Las Palmas B que levaba desde 1991. Na tempada 2008/09 acabou no posto 16 debendo xogar unha eliminatoria de permanencia, que ao ser derrotado polo Sporting de Gijón B, devolveu ao equipo a Terceira División.
Na tempada 2012/13 quedou primeiro do grupo canario de Terceira División e xogou a eliminatoria de ascenso a Segunda División B contra o equipo asturiano CD Tuilla, ao que gañou por un global de 4-1.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta amarela, pantalón e medias azuis. Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias negras.
Datos do club Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 7 (Incluída a 2013/14) Tempadas en 3ª: 28 Mellor posto histórico: 9º (2ªB, tempada 1979-80) Posto na clasificación histórica de filiais: 26º
Historial na liga TempadaCategoríaPosto1941–77Rexional—1977/783ª5º1978/793ª1º1979/802ªB9º1980/812ªB12º1981/822ªB20º1982/833ª1º1983/843ª3º1984/853ª7º1985/863ª2º1986/873ª2º1987/882ªB17º1988/893ª2º1989/903ª1º1990/912ªB20º1991/923ª1º1992/933ª5º1993/943ª3º1994/953ª7º TempadaCategoríaPosto1995/963ª4º1996/973ª9º1997/983ª3º1998/993ª1º1999/003ª1º2000/013ª3º2001/023ª13º2002/033ª4º2003/043ª8º2004/053ª10º2005/063ª13º2006/073ª1º2007/083ª2º2008/092ªB16º2009/103ª2º2010/113ª2º2011/123ª3º2012/133ª1º2013/142ªB—
Palmarés Torneos nacionais Copa Federación (1): 1995 Terceira División Española (7): 1979, 1983, 1990, 1992, 1999, 2000, 2007 Subcampión da Terceira División (6): (1986, 1987, 1989, 2008, 2010, 2011 Subcampión da Copa da Liga de Terceira División: 1984-85
Torneos amigables Trofeo Teide (2): 1979, 1980 Torneo de San Ginés (9): 1970, 1971, 1974, 1976, 1979, 1980, 1982, 1988, 1994 Trofeo San Antonio (1): 2008
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial do club
Categoría:UD Las Palmas Las Palmas Atletico Las Palmas Atletico Las Palmas Atletico