Edmundo Maseda Maseda é un labrego e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Profesionalmente é labrego e dirixe unha explotación de faba de produción ecolóxica. Presidente da asociación veciñal Fraga das Lerias, foi elixido concelleiro do Valadouro nas listas do PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 2011, e pasou a ser o voceiro municipal desa formación en 2013, cando o anterior cabeza de lista, Jose Luis García Rubal, presentou a súa dimisión. En xuño de 2013 liderou unha moción de censura do seu partido, a formación conservadora UDIVAL e o BNG contra o ata daquela alcalde popular José Manuel Lamela, que venceu, polo que se proclamou alcalde do Valadouro.A alcaldía do Valadouro xa é socialista, El Progreso, 4/6/2013.
Foi reelixido alcalde tralas eleccións municipais de 2015 e nas eleccións municipais de 2019, mantivo a alcaldía ao conseguir 4 concelleiros e pactar cos 2 do BNG. Nas eleccións de 2023, renunciou á acta de concelleiro e a alcaldía pasou a María José Fernández Díaz de UDIVAL.
Vida persoal
É sobriño-neto do acordeonista Eladio Maseda.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Valadouro
Categoría:Alcaldes do Valadouro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes