miniatura|250px|right|Pottokas na Xareta, muga navarro-francesa. miniatura|250px|Grupo de Pottokas en Hondarribia, Guipúscoa. Pottoka, do éuscaro cabalo pequeno, é o nome co que se coñece a unha raza de cabalo de pequena envergadura ou poni, que habitaron dende a antigüidade os territorios montañosos da Cordilleira Cantábrica e os Pireneos occidentais en ambas as vertentes."Pottoka, Euskal Herriko Poneya". Autores: Alberto Muro, Iñaki Pascual. Editorial, Bizkaiko Foru aldundia. Bilbao, 1997. ISBN 84-7752-232-4

Historia Xa en covas prehistóricas, como as de Santimamiñe en Biscaia ou Ekain en Guipúscoa, aparecen representados os primeiros équidos dos que se ten constancia.

Hábitat e comportamento Viven agrupados en rabaños salvaxes nos montes vascos, organizados nunha xerarquía na que se sitúa a egua Alfa, xunto co semental.

Características Es un poni de boa conformación xeral cunha alzada media de 1,25m nas femias e 1,23m nos machos. O perfil da cabeza varía do recto ó subcóncavo, sendo en xeral unha cabeza harmónica, piramidal e proporcionada. A cara é recta, cunhas guedellas características. As capas poden ser negra ou castaña moi escura. Os pottokas de pura raza son de capa totalmente negra, xa que as manchas son síntomas de mestizaxe. Son animais ós que se pode definir como équidos resistentes, rápidos, rústicos, fortes, dóciles e aptos para a caza, a monta, paseos e saltos de obstáculos. Foron precisamente estas últimas funcións, as que están axudando a que esta raza non desapareza, a pesar de encontrarse en perigo de extinción.

Pottoka como animal de traballo miniatura|dereita|300px|Un Pottoka en Zestoa, Guipúscoa, a comezos do século XX. No pasado foron empregados como tractores dos vagóns nas minas, para os labores de labranza e tiro nos casaríos, limpeza de montes e como subministración de carne en carnicerías.

As deputacións de Biscaia e Guipúscoa dispoñen de dous centros de cría e multiplicación desta raza. No País Vasco francés (Lapurdi, Zuberoa e Baixa Navarra) está máis estendida a súa crianza, e en Navarra agora estase empezando a traballar a nivel particular para recuperala e promovela.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cabalo ibérico Asturcón Cabalo de pura raza galega Monchino Garrano Losino Ligazóns externas ORDEN de 12 de novembro de 2010, da Conselleira de Medio Ambiente, Planificación Territorial, Agricultura e Pesca, pola que se aproba a regulamentación específica da raza equina poni vasco-Pottoka. Descrición na web da Universidade do País Vasco Sitio en francés dedicado a pottoka Asociación nacional francesa da pottoka Zaldibi Aralar Pottoka Elkartea Federación de criadores de Pottoka de Euskadi EPOFE

Categoría:Razas de cabalos Categoría:Razas autóctonas do País Vasco Categoría:Animais descritos en 1758