Enrique López López, nado en Cacabelos o 18 de maio de 1963, é un xuíz español.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Oviedo, entrou na carreira xudicial en 1989. Foi xuíz destinado en Arzúa, Valladolid e León. Foi vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial e logo o seu voceiro. En 2005 foi nomeado maxistrado da Sala do Penal da Audiencia Nacional. Foi proposto polo Partido Popular como maxistrado do Tribunal Constitucional de España, vetado polo PSOE e recuperado posteriormente en 2013 cando saíu designado.
Manifestou o seu apoio á reinstauración da cadea perpetuaEnrique López, cercano al PP y a Trillo, El País, 7/6/2013..
Como docente, foi profesor na área de Dereito Procesual da Universidade de Valladolid, ademais de profesor asociado de Dereito Penal na de León. Logo foi contratado como profesor de Penal pola Universidade Europea de Madrid.
Colaborou nos medios de comunicación, e escribiu unha columna semanal no xornal La Razón. Tamén foi patrón da Fundación Wolters KluwerPatronos de la Fundación , Fundación Wolters Kluwer.. Creou e dirixiu o Observatorio de la Actividad de la Justicia.
Cando era maxistrado do Tribunal Constitucional foi interceptado pola Policía Nacional por conducir a súa moto sen casco o 1 de xuño de 2014. Pouco despois, nun control de alcoholemia realizado pola Policía Municipal, deu positivo. Enrique López recoñeceu posteriormente que se saltara un semáforo en vermello. O 2 de xuño presentou a súa dimisión ao presidente do Tribunal Constitucional«Enrique López dimitirá hoy como magistrado del Tribunal Constitucional tras ser 'pillado' ebrio y sin casco en su moto.» - Elmundo.com. Volveu á Audiencia Nacional, onde a repartición o asignou para xulgar o caso Gürtel e rexeitou inhabilitarse a pesar das súa conexións co Partido Popular.«Un disparate: Nadie creerá las sentencias de Gürtel y Bárcenas dictadas por afines al PP» - ElPais.com
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Xuíces de España Categoría:Nados en Cacabelos Categoría:Nados en 1963