As Pontes de García Rodríguez, tamén coñecido sinxelamente como As Pontes, é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 399 habitantes, dos cales 5 091 eran homes e 5 308 eran mulleres. O seu xentilicio é «». Atópase entre as comarcas da Terra Chá, ó leste, e a de Ferrol, ó oeste.
Debido a que o concello das Pontes é o de maior tamaño da provincia da Coruña, pódese atopar nel unha gran variedade de paisaxes distintas. O monte Caxado, ao norte, constitúe cos seus 756 metros de altura o punto máis elevado do concello e un dos máis elevados da provincia. Entre os ríos que discorren polo concello destaca o Eume, que percorre o concello ao longo de 9 quilómetros, e dá nome á comarca. No concello aséntase tamén gran parte do parque natural das fragas do Eume.
No ano 1267 atópase o primeiro texto que constata a existencia do "Concejo das Pontes". En 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da Vila das Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcarce. Este comezou entón a construción dun castelo e unha ponte seguindo o camiño real Lugo-Ferrol (a actual Ponte da Perfolla), dando lugar ao nome da vila de "Ponte de García Rodríguez", que posteriormente derivaría no actual nome do concello.
A principal industria do concello é a Central térmica das Pontes, cunha potencia de 1400 megavatios xunto con outra central eléctrica nova que usa o gas para producir electricidade. En 2012 rematou o proceso de enchido de auga da antiga mina de lignito esgotada, converténdoa nun lago de grandes dimensións cunha praia artificial.
Xeografía Abrangue unha superficie de 249,37 km² e limita ao norte con Mañón e Ortigueira, ao leste e sueste con Muras e Xermade, ao suroeste con Monfero, e ao oeste coa Capela, San Sadurniño e As Somozas.
Debido a que o concello das Pontes é o de maior tamaño da provincia da Coruña, pódese atopar nel unha gran variedade de paisaxes distintas. O monte Caxado, ao norte, constitúe cos seus 756 metros de alturaA medida exacta difire segundo a fonte consultada:
o punto máis elevado do concello e un dos máis elevados da provincia. Ó seu redor hai outros montes como A Pena da Loba (658 m), o Macizo Sucadio (667 m), os Macizos de Penas de Noite (626 m) ou o de Deveso (558 m).
Os ríos que discorren polo concello son en xeral caudalosos, cun réxime bastante regular. Destaca entre eles o Eume, que percorre o concello ao longo de 9 quilómetros, e dá nome á comarca. Tralo peche da mina de lignito a ceo aberto que subministraba á central térmica das Pontes en 2007, comezouse un proceso de recheo do oco deixado, de máis de 5 km de lonxitude, 2,5 km de ancho e unha profundidade máxima de 206 m, con 547 millóns de m³ de auga procedentes do río Eume, dalgúns regatos da zona e de augas pluviais. En 2012 rematou o proceso coa creación do lago das Pontes, un dos maiores de Europa destas características.
No concello aséntase gran parte do parque natural das fragas do Eume que bordea o encoro do Eume.
Clima O clima das Pontes foi tradicionalmente definido coma un clima oceánico húmido, con certas características de clima continental nos vales e de clima de montaña nas alturas da serra. Dentro da clasificación climática de Köppen está considerado coma csb. A temperatura media anual da vila é de 12,7 °C, cunha variación interanual de 10,7 °C. O termo medio de temperatura media para xaneiro é de 7,8 °C, con medias máximas de 11,3 °C e mínimas de 4,4 °C, mentres que o termo medio de agosto acada os 18,5 °C, con medias máximas de 22,9 °C e mínimas de 18,5 °C.
O concello das Pontes rexistra unhas precipitacións anuais de 1.800 l/m². O mes de decembro adoita ser o máis chuvioso, podendo producirse en xaneiro e febreiro xeadas e precipitacións en forma de neve.
Demografía
Censo total (2015) 10 503 habitantes Menores de 16 anos 1 052 (10,02 %) Entre 16 e 64 anos 7 152 (68,09 %) Maiores de 64 anos 2 299 (21,89 %)
Durante a primeira metade do século XX houbo poucas variacións na poboación do concello, con subidas e baixadas pouco representativas. O balance final deste medio século foi positivo, de 1900 a 1950 a poboación aumentou en 1325 habitantes. A evolución foi completamente distinta na segunda metade do século, aumentando a un ritmo maior e chegando a duplicarse en 40 anos ata acadar os 13 214 habitantes en 1991, en parte debido a que en 1982 o concello integrou as parroquias de Goente, Bermui, Espiñaredo, San Pedro de Eume, Ribadeume, A Faeira e Seoane, que até entón formaban parte do municipio da Capela. Esta data marcou o máximo histórico da poboación do concello, xa que na última década do século XX e na primeira do XXI produciuse un descenso apreciable de poboación ata os 10 399 habitantes habitantes no ano 2016., dos cales 5 091 eran homes e 5 308 eran mulleres. En canto a distribución por tramos de idade, no 2015 a poboación maior de 64 anos representaba a quinta parte do total do concello, duplicando á menor de 16 anos. Os datos oficiais do IGE de 2014 indican un valor para o índice de envellecemento de 157,2. No 2013, a idade media á maternidade era de 32,4 anos, cun número medio de fillos por muller de 0,8.
Os datos de poboación recollidos nos censos oficiais feitos ao inicio de cada década desde o ano 1900 amosan a evolución da poboación no concello:
Historia No concello atopáronse varios obxectos prehistóricos, máis dun centenar de mámoas, anacos de cerámica e vasos campaniformes. Segundo un estudo de 2010, a zona do concello era un asentamento periférico ás zonas preferentes de ocupación das comunidades do neolítico. Hai numerosas probas da romanización da zona, como son varios sarcófagos paleocristiáns atopados na vila e restos de vivendas romanizadas, entre outros.
No ano 1267 atópase o primeiro texto que constata a existencia do "Concejo das Pontes". En 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da Vila das Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcarce por rescatalo da prisión na que se atopaba trala batalla de Nájera.
A súa liñaxe extinguiuse nuns 100 anos, pasando a pertencer o señorío á casa de Lemos. Porén, deixou pegada nas numerosas pontes que mandou construír no río Eume, destacando entre elas a ponte dos Ferros tamén coñecida como ponte vella.Ficha da ponte en Turgalicia.
Segundo o Catastro de Ensenada de 1752, residían por aquel entón no casco urbano pontés pouco máis de douscentos habitantes e cerca de mil no resto do concello. A vila dispuña dun Hospital para recoller, dar pousada e asistir a pobres, peregrinos e viandantes. O edificio, cuxo recordo dá nome á praza principal das Pontes, seguiu sendo hospital ata mediados do século XIX e escola ata a segunda década do século XX, no que foi derruído por orde municipal. A finais do século XVIII José Cornide Saavedra comunicou á Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago a existencia nas Pontes de García Rodríguez de xacementos de lignito. En 1860 levantouse unha nova ponte construída na época de Isabel II de España e de quen recibe o nome.
Nas décadas de 1950 e 1960 a empresa nacional ENCASO foi a responsable da construción dunha central térmica de 32 MW e dunha fábrica de fertilizantes, así como do comezo da explotación da mina de lignito e a construción do encoro da Ribeira. Isto supuxo un aumento considerable da poboación por mor da necesidade de man de obra, e a creación do poboado das Veigas para a asignación de vivendas aos traballadores. A comezos da década de 1970 Endesa comezou a construción da central térmica das Pontes de 1400 MW, que xunto a explotación da mina de lignito marcou o desenvolvemento industrial do concello durante a segunda metade do século XX, ademais de influír no desenvolvemento urbanístico da vila coa creación de varios novos poboados como os da Magdalena, Anguieiro, Barreiro e o da Fraga.
No ano 1982 anexionáronse ó concello as 6 parroquias máis próximas do concello da Capela (Espiñaredo, Goente, Ribadeume, Bermui, A Faeira, San Pedro de Eume e San Xoán do Seixo (Seoane)), feito que contribuíu xunto á construción da central térmica a que o concello acadase o seu punto de maior expansión territorial e maior poboación. Dende entón o concello sufriu un declive industrial e de poboación, particularmente destacado tralo peche da mina de carbón por parte de Endesa no ano 2008.
Cultura Toponimia As orixes do nome do concello remóntanse ao ano 1376, cando o conde García Rodríguez de Valcarce tomou posesión das terras do val no que se asenta o concello, tralo decreto do rei Henrique II de Castela. Este comezou entón a construción dun castelo e unha ponte seguindo o camiño real Lugo-Ferrol (a actual Ponte da Perfolla), dando lugar ao nome da vila das "Pontes d’Uyme", que posteriormente derivaría no actual nome do concello.
En canto os lugares do concello, varios dos topónimos teñen a súa orixe en termos célticos, como por exemplo A Cuíña ("Costa empinada"), O Catarou ("Mirador") ou O Reboredo ("Carballeira"). Outros destes lugares teñen a orixe do seu topónimo no latín, como O Caneiro (canna), A Ermida (eremita), O Chao (planus), Espiñaredo (epina) ou O Castro (castrum).
Patrimonio Patrimonio arquitectónico Pontes Ponte do Chamoselo: Situada sobre o río Chamoselo, afluente do Eume. A súa orixe data dos séculos XIV-XV. A ponte pertencía á vía romana que unía Lugo coa ría de Ferrol, cuns 2,10 metros de anchura de calzada, empregada polos romanos para o transporte de mineral de estaño dende as minas de Orizón ata a ría. A ponte ten un só arco, duns tres metros de raio, e está feita na súa maioría de lousa. Ponte dos Chaos Ponte da Fraga Ponte de Isabel II: Construída no 1860, de estilo neorrománico, con arco de medio punto rebaixado. Ponte da Pedra: Situada orixinalmente ao noroeste do lugar da Casilla, foi trasladada ao parque de Lesneven para a súa conservación. Ponte da Perfolla Ponte da Presa de Alende: Construída no 1992 sobre o Eume, feita en formigón e estruturas metálicas de cor vermella que forman dous pináculos rectangulares. Ponte Romana de Illade: Trasladada á area recreativa do Caneiro para a súa conservación. Ponte Vella: Situada sobre o río Eume. Data do século XV, é coñecida tamén co sobrenome de Ponte dos Ferros.
Etnografía Festas e celebracións Festas da Virxe do Carme miniatura|300px|Procesión diúrna da Virxe do Carme 2015. As Festas da Virxe do Carme celébranse tódolos 16 de xullo dende 1741, trala fundación da Confraría do Carmelo no ano 1736 por Blas Santomé Aguiar, irmán do entón párroco das Pontes, e a aprobación dos seus estatutos en 1741. A festividade do Carme comezou a tomar notoriedade e no ano 1860 a Virxe do Carme pasou a ser patroa do concello.
Da festa profana do Carme, a popular, tense constancia de que se celebra dende o ano 1800 ó consignar nos libros da confraría a retribución dos músicos que actuaban cada ano. A partir do ano 1880 a festividade do Carme pasou a ser organizada polos veciños do pobo, con actos relixiosos e lúdicos. Especial relevancia na festa ten a procesión nocturna que o sábado de festa parte da capela do Carme coa imaxe da Virxe ata a igrexa, capela á que regresa o domingo camiñando sobre unha extensa alfombra floral.
Romaría da Fraga A Romaría da Fraga ten lugar o 25 de xullo. Comezou a celebrarse no ano 1904 por iniciativa de Manuel Fernández Vidal, naquel entón xuíz de Paz. Esa primeira celebración tivo lugar nunha leira dunhas oitenta áreas de superficie, preto do río Eume e poboada de carballos e outras árbores pequenas. O lugar coñecíase como a illa da Ramalleira, e era propiedade de Sergio Rivera Chao. Estaba rodeada polo río Eume, polo que os romeiros tiñan que achegarse a ela a través dunha pequena ponte.