O HC VERVA Litvínov é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Litvínov, República Checa. O club foi fundado en 1945 e actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, a Extraliga Checa. Xoga os seus partidos como local no Zimní stadion Ivana Hlinky, un pavillón con capacidade para 7.000 espectadores.O Zimní stadion Ivana Hlinky en www.hokej-litvinov.cz
Historia O equipo foi fundado o 8 de novembro de 1945 co nome de Sportovní klub Stalinovy závody Horní Litvínov.Historia do club en www.hokej-litvinov.cz/ En 1959 ascendeu á máxima categoría do hóckey sobre xeo en Checoslovaquia e dende aquela nunca descendeu.
Nas tempadas 1996-97 e 1998-99 xogou a IIHF European Champios Cup, alcanzando os cuartos de final na súa primeira participación.
O equipo conseguiu o subcampionato de liga en catro ocasión (1978, 1984, 1991 e 1996), se ben agás na 1995-96 todas foron antes da desaparición de Checoslovaquia.
Denominacións 1945 – Sportovní klub Stalinovy závody Horní Litvínov 1954 – Jiskra SZ Litvínov 1962 – CHZ (Chemické závody) LITVÍNOV 1990 – HC (Hockey club) CHZ Litvínov 1991 – HC Chemopetrol Litvínov 1994 – HC Litvínov, s. r. o. 1996 – HC Chemopetrol, a. s. 2007 – HC Litvínov 2009 – HC BENZINA Litvínov 2011 – HC VERVA Litvínov
Xogadores Campións Mundiais, Olímpicos e campións da Stanley Cup Jiří Bubla (CM 1972, 1976, 1977) Josef Beránek (O 1998) Jan Čaloun (O 1998, CM 1999) Petr Franěk (CM 1996) Ivan Hlinka (CM 1972, 1976, 1977, O 1998 (como adestrador)) Arnold Kadlec (CM 1985) Lukáš Kašpar (CM 2010) Petr Klíma (SC 1990) Robert Kysela (CM 1996) Robert Lang (O 1998, CM 1996) Karel Pilař (CM 2001) Robert Reichel (O 1998, CM 1996, 2000, 2001) Petr Rosol (CM 1985) Martin Ručinský (O 1998, WM 1999, 2001, 2005) Vladimír Růžička (O 1998, CM 1985, 2005 (como adestrador)) Petr Svoboda (O 1998, SC 1986) Martin Škoula (SC 2001) Jiří Šlégr (O 1998, CM 2005, SC 2002) Eduard Uvíra (CM 1985)
Xogadores destacados Jan Alinč Jan Benda Vladimír Jeřábek Kamil Kašťák Vojtěch Kubinčák Vlastimil Kroupa Zdeněk Orct Marek Pinc František Procházka Ivo Prorok Michal Trávníček Jaroslav Walter Miroslav Kluc
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Litvínov