Gerardo Vázquez Diéguez, nado no Castro de Caldelas cara a 1904, foi un industrial e xornalista galego.
Traxectoria Dono dunha fábrica de galletas no Castro de Caldelas. Promoveu o periódico El Defensor de Caldelas e despois dirixiu El Agro. Militou no Partido Republicano Radical Socialista.El Pueblo Gallego, 19-4-1933, p. 8. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi encarcerado e multado, sendo xulgado en Ourense na causa 1135/37 con Domingo González Garrido e Perfecto Herbella Gómez co resultado de sobresemento. Abríronlle expediente de reponsabilidades políticas e foi sancionado cunha multa de 3.500 pesetas o 5 de agosto de 1938. Despois da guerra civil instalouse en Ourense.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Expediente de responsabilidades políticas de Gerardo Vázquez Diéguez.
El Agro ("Periódico de izquierdas", 1931, Castro Caldelas) y el Dr. Herbella
Categoría:Xornalistas de Galicia
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados no Castro de Caldelas
Categoría:Nados en 1904