"It's All in Your Mind" é unha canción do músico estadounidense Beck. É a única canción de Sea Change que non foi composta tras a súa ruptura con Leigh Limon, e foi gravada orixinalmente a mediados de 1993 para o álbum One Foot in the Grave, aínda que Beck rexeitouna. En cambio, editouna en 1995 como sinxelo, xunto con "Whiskey Can-Can" e "Feather in Your Cap", que eran descartes de One Foot in the Grave.
Listaxe de cancións "It's All in Your Mind" "Feather in Your Cap" "Whiskey Can-Can"
Os tres temas do sinxelo foron incluídos na versión xaponesa de One Foot in the Grave e na reedición do 2009 do álbum.
Categoría:Sinxelos de 1995 Categoría:Cancións de Beck