Alxeria divídese actualmente en 48 vilaias, 553 dairas (sorte de comarcas) e 1.541 baladías (ou concellos). A capital e a cidade máis grande de cada vilaia, daira e baladía alxerianas teñen sempre o mesmo nome que a vilaia, a daira ou a baladía onde está situadas. De igual forma aplícase para a daira máis grande da vilaia ou a baladía máis grande da daira.
As vilaias Segundo a constitución alxeriana, unha vilaia é unha "colectividade territorial" que goza de certa liberdade económica. A Assemblée Populaire Wilayale (APW, ou Parlamento Popular da Vilaia, é a entidade política que rexe unha provincia. Un "valín" (prefecto) dirixe cada vilaia. Esta persoa elíxea o presidente de Alxeria para tomar as decisións da APW. A APW ten tamén un presidente, que o elixen os seus membros.
As divisións administrativas cambiaron varias veces desde a independencia da nación. Ao agregar novas vilaias, a numeración das vellas mantívose, de aí que a orde actual non sexa alfabética. Coa súa ordenación numérica oficial, (desde 1983) actualmente hai as seguintes: miniatura|280px|Mapa das vilaias de Alxeria numeradas de acordo á orde oficial. 1 Adrar
2 Chlef
3 Laghouat
4 Oum el-Bouaghi
5 Batna
6 Béjaïa
7 Biskra
8 Béchar
9 Blida
10 Bouira
11 Tamanrasset
12 Tébessa
13 Tlemcen
14 Tiaret
15 Tizi Ouzou
16 Alxer
17 Djelfa
18 Jijel
19 Sétif
20 Saïda
21 Skikda
22 Sidi Bel Abbes
23 Annaba
24 Guelma 25 Constantina
26 Médéa
27 Mostaganem
28 M'Sila
29 Mascara
30 Ouargla
31 Orán
32 El Bayadh
33 Illizi
34 Bordj Bou Arréridj
35 Boumerdès
36 El Taref
37 Tinduf
38 Tissemsilt
39 El Oued
40 Khenchela
41 Souk Ahras
42 Tipasa
43 Mila
44 Aïn Defla
45 Naama
46 Aïn Témouchent
47 Ghardaïa
48 Relizane
Categoría:Xeografía de Alxeria