Queixumes dos pinos é un libro de poemas escrito por Eduardo Pondal e publicado en 1886 na Biblioteca Gallega dos editores Latorre e Martínez, da Coruña, na imprenta de La Voz de Galicia.

Descrición Pondal recolleu nel a maior parte dos poemas publicados en 1877 en Rumores de los pinos, aínda que reelaborándoos, traducindo algúns ao galego e facendo desaparecer outros escritos en castelán. O conxunto inicial, que estaba composto por trinta composicións, foise ampliando en posteriores edicións, incluíndo poemas como "Os pinos".

A segunda edición publicouse pola Academia Gallega, na Coruña, na imprenta de Zincke Hermanos, en 1935, con introdución de Manuel Murguía, e epílogo de Manuel Lugrís Freire.

A obra foi incluída na Biblioteca Básica da Cultura Galega da Editorial Galaxia, na Biblioteca de Autores Galegos de Diario 16 de Galicia e na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

, Severino (1978). Acercamiento a la poesía gallega del siglo XIX. ISBN 84-85247-45-0.

Outros artigos "Os Pinos" Ligazóns externas 15px "Que barba non coidada!"

Categoría:Obras literarias de 1886 Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Eduardo Pondal Categoría:Libros no dominio público