O alladian é unha lingua níxer-congo do grupo kwa que se fala en Costa do Marfil.
Distribución xeográfica Fálase en 21 comunidades localizadas entre a costa e a lagoa de Ébrié no departamento de Jacqueville.
Falantes 23.000 (1993, datos do Ethnologue, aínda que poderían ser actualmente 30.000 segundo datos de Peoplegroups.org)
Escrita En 1937 traduciuse ao alladian parte da Biblia e no ano 2005 publicouse a tradución do Novo Testamento.
Véxase tamén Ligazóns externas O alladian no Ethnologue
Categoría:Linguas níxer-congo Categoría:Linguas de Costa do Marfil