LACE (acrónimo de Low-power Atmospheric Compensation Experiment), coñecido tamén como USA 51, foi un satélite artificial militar estadounidense lanzado o 14 de febreiro de 1990 mediante un foguete Delta 6920 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.

Características LACE foi un satélite militar experimental lanzado para medir a distorsión dos raios láser emitidos desde a superficie terrestre cara ao satélite nas bandas de luz visible e infravermello.

O satélite foi construído polo Laboratorio de Investigación Naval e levaba, ademais dos sensores para o láser, un sensor ultravioleta para descubrir as mellores lonxitudes de onda coas que detectar o rastro do escape dos foguetes e un experimento para medir a presenza de neutróns no espazo.

LACE estabilizábase mediante gradente gravitatorio. Foi posto fóra de servizo o 14 de febreiro de 1993, tras superar a súa vida útil esperada, de 30 meses, e reentrou na atmosfera o 24 de maio de 2000.

Notas

Categoría:Satélites artificiais