Francisco García Fernández, nado en Burgos en 1898 e finado en México en 1953, foi un profesor e político español.
Traxectoria Funcionario municipal do concello de Ponteareas, era profesor particular. Foi director de La Voz del Tea. Obtivo o título de procurador dos tribunais en xuño de 1936.El Tea, 14-6-1936, p. 2. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Portugal e pasouse á zona republicana. Foi xulgado en Vigo por rebelión militar sendo declarado en rebeldía. Foi funcionario do goberno da República. Ao rematar a guerra saíu para Francia. En 1939 embarcou en Marsella para exiliarse en México. Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.BOE, 19-7-1941, p. 2862.
Vida persoal
Casou con Argentina González Candeira, que logo do golpe de Estado foi detida e estivo presa en Ponteareas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Departamento de Migración de México
Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Nados en Burgos Categoría:Nados en 1898
Categoría:Finados en 1953