dereita|miniatura|200px|Estatua de Platero na Casa Museo JRJ de Moguer, obra de León Ortega. dereita|miniatura|200px|Escultura de Platero no parque de Málaga. dereita|miniatura|200px|"Advertencia" de Juan Ramón Jiménez. Platero e mais eu é unha narración lírica de Juan Ramón Jiménez, escrito en lingua castelá co título orixinal de Platero y yo e publicado en 1914 por Ediciones de la Lectura. Foi traducido ao galego por Manuel Beiras e publicado por Ediciós do Castro en 1990.

Recrea poeticamente a vida e morte do burro Platero na vila andaluza de Moguer. É ben célebre o primeiro parágrafo:

Características A edición orixinal tiña 63 capítulos. En 1917 apareceu a edición completa, composta por 138 capítulos, da man de Editorial Calleja. Axiña acadou unha boa aceptación, adoptándose como libro de lectura escolar cara a 1920 e converténdose nunha das obras máis lidas en España e América Latina. O poeta tiña a intención de ampliar o texto até os 190 capítulos (de feito na década de 1920 chegou a escribir tres adicionais), e mesmo pensou nunha segunda parte denominada Otra vida de Platero, da que esbozou algúns títulos.

Se ben pola súa sinxeleza e transparencia é un texto apto para a literatura infantil, trátase dun texto adulto cunha certa crítica social. A obra, formada por breves capítulos, está adicada «a la memoria de Aguedilla, la pobre loca de la calle del Sol que me mandaba moras y claveles».

Baixo o subtítulo de Elegía andaluza, fálase da vida do burro Platero, compañeiro do poeta, como pretexto para a descrición poética da vila de Moguer, das súas paisaxes e dos seus personaxes. Platero é tamén o símbolo e o paradigma do asno andaluz mediterráneo, mais tamén do animal doméstico universal como forza útil de traballo e medio de transporte ao tempo que compañeiro, amigo e confidente.

Narración O libro ten varios niveis de lectura: unha crónica da vida cotiá en Moguer a comezos do século XX, mais tamén un diario íntimo poético. Ten varios elementos destacados: o personaxe narrador, o espazo e o tempo. A acción desenvólvese ao longo dun ano calquera, coas estacións e os diferentes momentos do día claramente determinados, mais trátase dun ano calquera, atemporal e mítico. A natureza (os animais e vexetais, as paisaxes...) son frecuentemente humanizadas, con descricións nas que destacan as súas cualidades cromáticas.

Inclúe varias citas de William Shakespeare e Pierre de Ronsard nos orixinais inglés e francés, amais dun verso de Curros Enríquez en lingua galega do poema "¡Ai"! da súa obra Aires da miña terra (1880). Hai tamén numerosas frases recreando o dialecto e a fala dos xitanos da zona, e coplas populares andaluzas.

Amais de polas súas características literarias, indisociables do contido evocado, a obra foi considerada unha obra de autor mitificada como modelo de lingua e estética, ao igual que Pinocho para a literatura italiana ou O principiño para a literatura francesa.

Adaptacións A obra foi traducida a máis de corenta linguasTraducións da obra , en www.juanramonjimenez.com. En 1965 unha empresa de Lugo editou un almanaque chamado Platero e mais eu. Homenaxe galego a J. Ramón Jiménez i-a Platero"Juan R. Jiménez, Curros e Platero" , artigo de Clodio González Pérez en El Correo Gallego, 15 de decembro de 2007.. Nel apareceron quince capítulos vertidos ao galego por Otero Pedrayo, Sebastián Martínez-Risco, Celso Emilio Ferreiro, Alonso Montero, Méndez Ferrín, Camilo Suárez-Llanos, Ánxel Fole, Albino Núñez Domínguez, Arcadio López Casanova, María Xosé Queizán, Antía Cal, Manuel María, Ben-Cho-Shey, Xohana Torres e Carvalho Calero, con ilustracións de Isaac Díaz Pardo, Mercedes Ruibal, Agustín Pérez Bellas, Virxilio, Xulio Maside, Colmeiro, Tino Grandío, Blas Lourés, M. del Río, Ánxel, Laxeiro, M. Pesqueira e Xohán Ledo. Incluía un limiar de Ánxel Fole, Juan Ramón Jiménez, visto por nós. O capítulo XVII ("El niño tonto", que inclúe o verso de Curros Enríquez) traduciuno Alonso Montero e ilustrouno Pérez Bellas.

Amais, foi adaptada a outras artes: en 1960 o compositor italiano Mario Castelnuovo-Tedesco musicou 28 capítulos na peza Platero y yo: élégie andalouse pour narrateur et guitare (opus 190). En 1964 foi levado ao cinema polo director Alfredo Castellón. En 1974 o compositor Cristóbal Halffter escribiu unha adaptación para coro, voz solista e recitante.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Platero y yo - Web oficial Fundación Juan Ramón Jiménez .

Categoría:Obras literarias de 1917 Categoría:Novelas en castelán Categoría:Obras traducidas do castelán ao galego