350px|miniatura|dereita|Centro histórico de Boloña. Boloña (Bulåggna en emiliano-romañolo, Bologna en italiano) é unha cidade de Italia de 374.561 habitantes (2008), capital da provincia homónima, así como da rexión de Emilia-Romaña. Situada entre o río Reno e o río Sávena, cerca dos Apeninos, é unha das cidades históricas mellor conservadas e que posúe a segunda zona vella medieval máis grande de Europa, despois da de Venecia.

Antiquísima cidade universitaria (oficialmente dende 1088), acolle numerosos estudantes que enriquecen e animan a súa vida cultural e social. Coñecida polas súas torres e os longos pórticos, posúe un centro histórico ben conservado (entre os máis extensos de Italia), grazas a unha atenta política de conservación e restauración posta en práctica dende finais dos anos 60 do século pasado, establecida para solucionar os estragamentos urbanísticos de finais do século XIX e as destrucións bélicas.

Boloña é un importante nó de comunicacións de estradas e ferroviario do norte de Italia, relevante polo feiral e área na que residen importantes industrias mecánicas, electrónicas e alimentarias. É sede de importantes institucións culturais, económicas e políticas.

miniatura|250px|Basílica de Santo Estefano.

Evolución demográfica

Historia A rexión está habitada desde o século IX a.C., os etruscos substituíron os umbros a partir do século VI a.C. dándolle o nome de Velzna, latinizano como Felsina.

Cidades irmás Coventry (1984) Khárkiv (1966) La Plata (1988) Leipzig (1962) St. Louis (1987) Portland (2003) Salónica (1981) San Carlos (1988) Saint-Louis (1991) Tolosa (1981) Tuzla (1994) Valencia (1976) Zagreb (1963)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Cidades de Italia Categoría:Concellos da provincia de Boloña Categoría:Capitais europeas da cultura