O puntal dun buque defínese como a medida vertical desde o canto superior da quilla ata a unión da traca de cinta (última faixa das pranchas soldadas do costado do buque) coa cuberta principal, medida polo lado de fóra.
onde: P = puntal C = calado F = francobordo
O francobordo defínese como unha reserva de flotabilidade. O calado do buque máis o francobordo é o puntal. Este valor de puntal é inamovible independentemente da carga que leve o buque. A máis calado, menos francobordo e viceversa.
miniatura|350 px|Esquema coas formas dun buque. A letra f indica o francobordo. O puntal é a suma dos valores de f + d (calado).|centro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Francobordo
Calado Organización Marítima Internacional
Categoría:Barcos