Hiw (ás veces escrito Hiu) é a illa máis ao norte das Vanuatu.

Xeografía Hiw é a illa máis grande das Illas Torres na provincia de Torba. Está situado ao leste do Estreito de Torres, ao sur de Vanikoro nas Illas Salomón. Ten unha superficie de 51 km². O punto máis alto é o Monte Wonvara (366 m).

Punta Vewoag (chamado localmente ngre Twome), é o cabo norte Hiw, é o punto de terra máis setentrional de Vanuatu. A 1´6 km ao norte de hiw atópase o arrecife de coral mergullado, Ngwey Gakwe, sobre a que rompen as ondas.

Poboación Hiw ten unha poboación duns 270 habitantes.

Distribúense en tres aldeas, todas elas situadas na costa leste: Yogwye; Yaqane, e o pobo principal Yögevigemëne, cuxo nome é ás veces abreviado a Yugemëne.

O idioma que se fala na illa tamén se chama hiw.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Illas de Vanuatu