thumb|250px|Chicha servida durante a festa do Huán, unha celebración muisca do solsticio de inverno no Templo do Sol en Sogamoso, Boyacá, Colombia. A chicha é unha bebida fermentada (alcohólica) ou non fermentada de América Latina, orixinaria da rexión dos Andes e da Amazonia. Tanto no período anterior e posterior á conquista española, a bebida de millo (chicha de jora) feita a partir dunha variedade domesticada de millo, é a forma máis común de chicha. Porén, a chicha tamén é realizada cunha gran variedade doutras plantas silvestres e de cultivo, incluíndo, entre outras, a quinoa (Chenopodium quinia), a kañiwa (Chenopodium pallidicaule), o cacahuete, a mandioca, a froita de palma, a pataca, a Oxalis tuberosa e a chañar (Geoffroea decorticans). Existen multitude de variedades rexionais da chicha. No Imperio Inca, a chicha tiña usos cerimoniais e rituais.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Morris, C. "Maize Beer in the Economics, Politics, and Religion of the Inca Empire" in Fermented Food Beverages in Nutrition, eds. Clifford F. Gastineau, William J. Darby e Thomas B. Turner (1979), pp. 21–35. Super, John C. Food, Conquest, and Colonization in Sixteenth-Century Spanish America. 1988. Vázquez, Mario C. "La chicha en los países andinos," América Indígena 27 (1967): 265-82.
Categoría:Bebidas