Antonio Fuentes Fajardo, nado en Santa Cruz de Tenerife o 30 de decembro de 1917 e finado en Venezuela en xullo de 1992, foi un futbolista que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria Comezou xogando no fútbol profesional no Racing de Santander, de onde o fichou o Celta a mediados da tempada 1939/40. Debutou o 31 de marzo de 1940 ante o RCD Espanyol en Balaídos. Fuentes foi o primeiro dunha serie de futbolistas canarios que xogaron no Celta e que marcaron unha época, como foron Del Pino, Roig, Victoriero ou Raimundo Díaz López.

Antes do comezo da tempada 1944/45 disputouse un encontro de homenaxe a Fuentes entre o Celta e o Real Madrid en Balaídos, remataría con vitoria celeste por 3-2. Finalmente xogou o último encontro co Celta o 27 de xaneiro de 1946, fichando despois polo Sporting de Gijón con quen tamén chegaría a xogar en Primeira División. Retirouse no club asturiano e comezou a súa carreira como adestrador.

Como técnico dirixiu o Pontevedra CF e actuou como segundo adestrador do CD Tenerife.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Nados en Santa Cruz de Tenerife Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Adestradores do Pontevedra CF Categoría:Adestradores de fútbol de España