Ramón Mayán Ramos, Cantino, nado en Noia en 1910 e finado en Santiago de Compostela o 10 de outubro de 1936, foi un sindicalista galego.
Traxectoria Camareiro de profesión, estaba afiliado ao Sindicato de Oficios Varios da CNT de Noia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 uniuse a un grupo de mineiros de San Finx e outros traballadores sindicalistas para mobilizarse contra a conspiración. Detido en Compostela, foi xulgado por traizón e condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca o 10 de outubro de 1936.
A súa figura chegou a formar parte da ficción co nome de Dombodán no libro O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1936