Cartel foi unha revista editada en Vigo de 1945 a 1946.

Historia e características Subtitulada Revista de la vida gallega e dende o número 3 Revista de Galicia, apareceu en decembro de 1945. Revista cultural quincenal, pódese considerar como a continuación de Cartel que aparecera en 1937 dirixida por Antonio Otero Coira, que agora é o administrador da revista.Cartel, 1-6-1946, p. 15. Dirixida por Xulio Sigüenza, entre os seus colaboradores estaban Victoriano Taibo, Ánxel Fole, Antonio Noriega Varela, Luís Amado Carballo, Salvador Lorenzana, Francisco Mayán, Manuel Fabeiro e Xosé Outeiriño Blanco. Aparecían fotografías de Cameselle e Pacheco, artigos sobre música, xeografía, pintura e cine, e seccións dedicadas aos ecos de sociedade, ás estreas de cine e teatro ou ás actividades dos galegos no estranxeiro, como a estrea en París de Divinas palabras de Valle-Inclán ou as exposicións de Laxeiro en Madrid. O último número coñecido é o 12, un extraordinario dedicado ao Apóstolo Santiago, aparecido en xullo de 1946.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Revistas españolas do século XX Categoría:1945 en Galicia