Este artigo refírese á «Generación del 36» de escritores en castelán, non confundir coa «Xeración do 36» de poetas galegos. A generación del 36 (tamén chamada xeración de 1936, promoción do 36 ou primeira xeración de posguerra) foi un movemento literario en lingua castelá situado entre 1936 e 1941, constituído polos escritores, poetas e dramaturgos da época da guerra civil española.Artigo Xeración do 36 da EGU (nota: a EGU contén dous artigos de título idéntico: Xeración do 36. Un refírese á Generación del 36 de escritores en castelán e o outro á Xeración do 36 de poetas galegos )
Compoñentes Entre os seus membros estaban, entre outros, os poetas Miguel Hernández, Leopoldo Panero, Dionisio Ridruejo, Luis Rosales, Arturo Serrano Plaja, Luis Felipe Vivanco, Rafael Duyos, Gabriel Celaya e José María Luelmo.
Entre os prosistas inclúese a María Zambrano, Antonio Rodríguez Moñino, José Antonio Maravall, Antonio Sánchez Barbudo, Enrique Azcoaga, Eusebio Garci Luengo, José Ferrater Mora, Ricardo Gullón etc.
Incorporáronse máis tarde José Luis Cano, José Luis Aranguren, Dionisio Ridruejo, Pedro Laín Entralgo, Julián Marías, José Manuel Blecua e Ramón de Garciasol.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Moure Mariño, Luis; La generación del 36: Memorias de Salamanca y Burgos (1989). Artigo Generación del 36 da Enciclopedia Universal Micronet
Outros artigos Xeración do 36
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Literatura en lingua castelá