Manuel Piñeiro Groba, nado en Cristiñade (Ponteareas) o 1 de xaneiro de 1890, foi un mestre, agrarista e xornalista galego.
Traxectoria Estudou no Porriño, ao lado do seu irmán o sacerdote Mariano Piñeiro Groba. En 1905 comezou a estudar Maxisterio en Ponteareas. Aprobou a carreira en 1907 e ao ano seguinte comezou a exercer de mestre en Trabadelo. Dirixiu o xornal El Tea de 1927 a 1936. Foi concelleiro de Ponteareas, e mestre na escola Antorcha de Cristiñade. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu expediente de depuración e foi suspendido de emprego e soldo. Na década de 1960 foi presidente da Cooperativa del Campo San Miguel de Ponteareas.El Pueblo Gallego, 7-9-1968, p. 12.
Recoñecementos Medalla da Cooperación Agraria Española (1978). Foi nomeado fillo predilecto de Ponteareas en 1982.La Voz de Galicia, Pontevedra, 25-11-1982, p. 33.
Vida persoal Casou con Inocencia Iglesias Barcia.El Pueblo Gallego, 12 de agosto de 1967, p. 14.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Na honra do mestre Manuel Piñeiro Groba, no blog Soutovidal, xuño de 2009.
Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Xornalistas de Ponteareas Categoría:Concelleiros de Ponteareas Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en ano descoñecido