A crista de galo grandeFicha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións (Serapias cordigera) é unha planta herbácea perenne da familia Orchidaceae. miniatura|240px|Ilustración. miniatura|240px|Detalle da flor.
Descrición A serapias cordigera presenta o labelo das flores moi ancho e cordiforme, de cor purpúreo, o que a diferenza doutras especies do xénero que teñen o labelo máis estreito. Na parte interior do labelo presenta dúas callosidades diverxentes (a lengüeira, Serapias lingua só presenta unha).
É de talos medianos, de 15 a 50 cm de altura, erectos e delgados, e na base do talo adoitan mostrar manchas de tinguiduras avermelladas.
As follas frecuentemente mostran manchas violáceas e son estreitas, lanceoladas e acanaladas.
Inflorescencia curta, densa, con 2 a 12 flores, relativamente grandes. Os seus tépalos formando un casco pechado, os externos purpúreos, ovado-lanceolados, acuminados, libres no extremo, os internos laterais ovados, con marxe ondulado e moi acuminados.
O labelo cunha constrición central que o divide en dúas partes, unha distal plana dirixida cara a abaixo, lingüiforme, ancha e acorazonada, vilosa na zona media, e outra proximal cóncava de igual anchura que a anterior e con dúas callosidades púrpura na base, sen esporón.
Ten o epiquilo ensanchado desde a base, é dicir, con forma acorazonada. As dúas estrías da base do hipoquilo son diverxentes.
Tubérculos ovoides, en número de 3 a 5, sentados ou sobre estolóns.
A floración ten lugar de abril a xuño.
Distribución e hábitat Principalmente nos países mediterráneos occidentais, pero poden alcanzar localizacións tan afastadas cara ó leste coma o sur de Turquía. Atópanse algunhas comunidades no Val dos Pedroches, na Provincia de Córdoba. Tamén se atopa nas Illas Azores e o noroeste de África. En Galicia tamén está presente sendo unha das máis abundantes do xénero das orquídeas.
Vive en chans silíceos, en pradarías húmidas, matogueira alta, en oliveirais, e bosques claros que deixen pasar suficiente luz. Chega a desenvolverse en alturas de até 1.000 msnm. Especie protexida nas Illas Baleares.
Taxonomía Serapias cordigera foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum, Editio Secunda 1345. 1763. Etimoloxía Serapias: nome xenérico de orixe grega que se aplicou antigamente a unha orquídea non identificada con certeza, quizais Orchis morio. Provén dun deus exipcio chamado Serapis en cuxos templos os devotos se dedicaban ós praceres da carne. O nome que Linneo asignou a este xénero quizais se debe a que a algunhas orquídeas se lles atribúen efectos afrodisíacos.
Cordigera: epíteto latino que significa "con forma de corazón".En Epítetos Botánicos Subdivisións Serapias cordigera subsp. azorica (Schltr.) Soó Serapias cordigera subsp. cordigera Serapias cordigera subsp. cossyrensis (B.Baumann & H.Baumann) Kreutz Serapias cordigera subsp. cretica B.Baumann & H.Baumann Sinonimia Helleborine cordigera (L.) Pers. Lonchitis cordigera (L.) Bubani Serapias lingua var. cordigera (L.) Savi Serapiastrum cordigerum (L.) A.A.Eaton subsp. azorica (Schltr.) Soó Serapias atlantica D.Rückbr. & U.Rückbr. Serapias azorica Schltr. subsp. cordigera Serapias lorenziana H.Baumann & Künkele Serapias ovalis Rich. Serapias vomeracea f. artemisiae (W.Hahn, Kreutz & Passin) P.Delforge Serapias vomeracea subsp. artemisiae W.Hahn, Kreutz & Passin Serapias vomeracea var. mauritanica E.G.Camussubsp. cossyrensis (B.Baumann & H.Baumann) Kreutz Serapias cossyrensis'' B.Baumann & H.Baumann Serapias cordigera en PlantList
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Orchidaceae
Ligazóns externas Tela Botánica 63126
Categoría:Orquídeas Categoría:Serapias Categoría:Orquídeas de Galicia