A praia de Rodas é a de máis extensión das Illas Cíes situada na Illa de Monteagudo (ou illa do Norte).

A praia fai unha media lúa de area branca e augas azuis e verdes que pecha a pequena lagoa dos Nenos de augas transparentes que separa as illas de Monteagudo e do Faro. Nos extremos da praia hai piñeiros que chegan ata á area.

Dende Vigo, Baiona ou Cangas de Morrazo chégase por barco en menos dunha hora. As Cíes pódense visitar de xuño a setembro e os fins de semana con bo mar. Hai límite de 2200 visitantes diarios.

No ano 2007 o xornal británico The Guardian elixiu a praia de Rodas como a "praia máis fermosa do mundo".

Galería de imaxes 400px|esquerda|miniatura|Vista dende a illa do medio.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Illas Cíes Ligazóns externas Praia de Rodas en Turgalicia.

Rodas Categoría:Bandeira Azul