Benito Diéguez Amoeiro, finado en Verín o 9 de marzo de 1874, foi un político galego.
Traxectoria Foi alcalde de Verín (1854), deputado provincial (1856). En 1865 repudiou a candidatura do brigadier Luis Lacy por Verín, e reconstituíu o Partido Progresista xunto co seu fillo Luis Diéguez Amoeiro, polo que foron perseguidos. Fuxiron a Portugal e por presións do goberno español foron encarcerados en Peniche. Logo do indulto de 1867 regresaron a España e en 1868 volveu estar preso e foi sometido a Consello de Guerra, pero foi absolto. Foi senador pola provincia de Ourense en 1871, 1872 (1ª) e 1872-1873. Vida persoal
Foi pai de Castor, Luis, Mariano e Plácido Diéguez Amoeiro.
Véxase tamén Ligazóns externas Los Diéguez Amoeiro (republicanos, políticos, médicos y farmacéuticos de Verín)
Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Finados en 1874 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados en Galicia Categoría:Alcaldes de Verín