Galicia Federal foi un periódico publicado en Santiago de Compostela entre 1931 e 1932.

Historia e características Subtitulado Órgano del Partido Republicano Federal de Izquierda Gallega, apareceu o 4 de xullo de 1931. Editábase na imprenta Nós. Dirixido por Ezequiel Rey Turnes, os seus redactores eran Victoriano Marcos, Jesús Posse e o propio Ezequiel Rey."Galicia Federal", El Pueblo Gallego, 18-9-1976, p. 3. De periodicidade irregular, e de orientación ideolóxica anarquista, o seu programa político estaba baseado en tres piares: republicanismo, federalismo e izquierdismo. Entre os seus colaboradores están Pi i Margall, Emilio Gutiérrez del Arroyo, José Carnero, Emmanuel Prats Moret, Joaquín Pi i Arsuaya, Laura Brunet e Rafael Fernández Casas.

No primeiro exemplar declaraba:

Revelou a súa posición respecto do Estatuto de autonomía de Galicia:

Cesou probablemente co número 4, o 3 de setembro de 1932.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Artigo "GALICIA FEDERAL" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela

Categoría:1931 en Galicia