Nairo Alexander Quintana Rojas, nado en Tunja (Boyacá) o 4 de febreiro de 1990, é un ciclista profesional colombiano pertencente ao equipo Movistar Team de categoría UCI ProTour. Anteriormente correra como afeccionado e profesional no equipo boiacence Boyacá es Para Vivirla, destacándose como escalador.
Traxectoria Aprendeu a montar en bici de adolescente para ir á escola. No ano 2009 fichou polo equipo afeccionado Boyacá es para Vivirla, dirixido por Vicente Belda. Nese ano participou en probas europeas do UCI Europe Tour, como a Volta á Comunidade de Madrid, o Circuíto Montañés, a Clásica de Ordizia o Circuíto de Getxo e a Subida a Urkiola. En setembro dese ano participou na categoría sub'23 do Mundial de Mendrisio, rematando 26º na proba contra o reloxo e retirándose na proba en ruta.
En 2010 pasou ao equipo Café de Colombia-Colombia es Pasión, tamén de categoría Continental, dirixido por Luis Fernando Saldarriaga. Gañou o Tour do Porvenir e as dúas últimas etapas da proba.
En 2011 mantívose no equipo, que ascendeu de categoría e pasou a ser Profesional Continental. Isto permitiulle participar en probas do UCI WorldTour, como a Volta a Cataluña (onde gañou a clasificación da montaña), o GP Miguel Indurain, a Klasika Primavera ou a Volta a Castela e León.
En 2012 fichou polo equipo español Movistar, de categoría ProTeam. En marzo gañou a Volta a Murcia, da que gañou a primeira etapa. En maio foi segundo na Volta á Comunidade de Madrid. En xuño gañou a etapa destacada do Critérium do Dauphiné, con meta en Morzine. Á semana seguinte gañou a Ruta do Sur, logo de gañar a penúltima etapa. Na Volta a España foi gregario de Alejandro Valverde, e rematou no posto 36º, contribuíndo á vitoria na contra o reloxo por equipos inaugural disputada en Pamplona. Despois desa proba participou no Giro da Lombardía, e o Giro de Emilia, que acabou gañando.
dereita|miniatura|200px|Nairo Quintana na cronoescalada ao Col d'Èze na París Niza.
En 2013 rematou sétimo na Volta a Andalucía e undécimo na Volta a Murcia. En marzo rematou 15º na París-Niza. Á semana seguinte foi 4º na Volta a Cataluña, gañando unha etapa. En abril gañou a Volta ao País Vasco, logrando tamén unha etapa e o premio á regularidade"Nairo Quintana, el hombre de los imposibles", artigo en El Tiempo, 6 de abril de 2013 .. En xullo participou no Tour de Francia; inicialmente ía como gregario de Alejandro Valverde, mais un problema técnico deste fixo que pasase a ser o mellor colocado do equipo. Finalmente acadou o 2º posto na clasificación xeral, o maillot de campión da montaña, e o trofeo de corredores novos. En agosto gañou a Volta a Burgos.
No ano 2014 gañou o Giro de Italia.
Palmarés dereita|miniatura|175px|Quintana, campión da Vuelta al País Vasco 2013.
2010 Tour do Porvir (e 2 tiradas)
2012 Volta a Murcia (e 1 tirada) 1 tirada do Critérium do Dauphiné Ruta do Sur (e 1 tirada) Giro de Emilia
2013 1 tirada da Volta a Cataluña Volta ao País Vasco (e 1 tirada e regularidade) Tour de Francia: 2ª posición, 1 tirada, líder da montaña e líder de corredores mozos Volta a Burgos (e 1 tirada)
2014 Giro de Italia (e 2 etapas) Volta a Burgos (e 1 etapa)
2015 Tirreno-Adriático, máis 1 tirada 2.º no Tour de Francia, máis clasificación dos mozos 3.º no UCI WorldTour
2016 Volta a Cataluña Tour de Romandía, máis 1 tirada
Resultados en grandes voltas e campionatos do mundo
Carreira20122013201420152016Giro de Italia--1º--Tour de Francia-2º-2º3ºVolta a España36º-Ab.4º-Mundial en Ruta 24px69º---- -: non participa Ab.: abandono
Equipos Boyacá es Para Vivirla (2009) Café de Colombia/Colombia es Pasión (2007-2011) Café de Colombia-Colombia es Pasión (2010) Colombia es Pasión-Café de Colombia (2011) Movistar Team (2012-)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Nairo Alexander Quintana (cqranking.com) "Quintana, el amarillo de la necesidad", artigo en Diario Vasco, 12 de abril de 2013 .
Categoría:Nados no departamento de Boyacá Categoría:Nados en 1990 Categoría:Ciclistas olímpicos de Colombia Categoría:Gañadores do Giro de Italia Categoría:Colombianos de ascendencia indíxena Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia