Borrés (en castelán e oficialmente Borrenes) é un concello galegofalante da comarca do Bierzo, na provincia de León. Cobre unha superficie de 36,3 km², na que vivían 306 habitantes no ano 2021, cunha densidade de poboación de 9,13 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Demografía

Tiña en 2015 unha poboación de 368 habitantes, repartidos en cinco entidades de poboación: Borrés (capital): 166 hab. A Chá: 27 hab. Orellán: 60 hab. San Xoán de Paluezas: 90 hab. Voces: 25 hab.

Festividades As festas de Borrés son en xaneiro, en honra de San Vicente. As de San Xoán de Paluezas, a primeiros de xuño, para festexar á Virxe da Estrela. En Orellán, o 29 de xuño, celébrase a festividade de San Pedro. Na Chá, as festas son o 15 de agosto, na honra á Virxe da Encina.

Parroquias

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do concello

Categoría:Borrés