miniatura|Selo postal celebrando a aluaxe de Luna 17, un vehículo modelo Luna Ye-8. Baixo o nome de Luna Ye-8 atópase un modelo sondas espaciais soviéticas composto por tres membros e cuxa misión era aterrar na Lúa.
Características As sondas Luna Ye-8 estaban deseñadas para pousar vehículos de superficie con rodas para desplazarse pola Lúa e estudar a superficie in situ. Ademais funcionarían eventualmente como balizas para as hipotéticas futuras misións lunares tripuladas soviéticas que non chegaron a ocorrer.
O deseño orixinal das Luna Ye-8 proviña do proxecto L2 da oficina OKB-1 de Korolev, de 1963. Cara 1965 o deseño final estaba case perfilado, cambiando o proxecto de mans e indo a parar á oficina de Lavochkin. O deseño foi refinado para poder ser lanzado mediante un foguete Proton. No momento do comezo dos lanzamentos dos vehículos Luna Ye-8 os norteamericanos xa puxeran astronautas na Lúa. A misión declarada das sondas foi obter imaxes da superficie, estudar a luz ambiente para determinar a factibilidade de facer observacións astronómicas desde a Lúa, facer experimentos enviando feixes láser desde a Terra cara aos vehículos na superficie (que levaban espellos retrorreflectores), facer observacións dos raios X solares, medir o campo magnético local e estudar as propiedades mecánicas da superficie lunar.
As sondas estaban formadas por un aterrizador e o róver (denominados Lunokhod) en si, capaz de desplazarse pola superficie, cunha masa combinada de 1814 kg. O aterrizador dos Luna Ye-8 tiña dúas ramplas polas que o róver podía baixar. Os Lunokhod tiñan forma de bañeira cunha tapa convexa e oito rodas sobre as que desplazarse. Medían 135 cm de altura, 170 cm de longo e 160 cm de ancho, cunha masa de 840 kg e podían circular a dúas velocidades, ou 1 km/h ou 2 km/h. Cada roda tiña un motor, freo e suspensión independente. Dispoñían de catro cámaras de televisión, tres delas panorámicas e cuarta usada con propósitos de navegación. Os Lunokhod eran controlados desde terra en tempo real por equipos de cinco persoas. Durante o día, a tapa superior abríase e proporcionaba enerxía mediante as células solares que cubrían a súa parte interna. Durante a noite lunar (que dura uns 14 días terrestres) a tapa pechábase e róver quedaba en hibernación, manténdose os sistemas a unha temperatura adecuada grazas a unha fonte radioactiva de polonio 210.
Historial de lanzamentos
Voo Data Carga Resultado Notas 1 19 de febreiro de 1969 Luna 15a Fallo O fallo da primeira etapa do foguete Proton fixo que se estrelara a 15 km da rampla de lanzamento. 2 10 de novembro de 1970 Luna 17 (Lunokhod 1) Éxito 3 8 de xaneiro de 1973 Luna 21 (Lunokhod 2) Éxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Luna E-1 Luna E-1A Luna E-3 Luna E-6 Luna E-6LF Luna E-6LS Luna E-6M Luna E-6S Luna Ye-8-5 Luna Ye-8-5M Luna Ye-8-LS
Categoría:Programa Luna