é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 22 de abril do 2000.

En galego, estreouse na TVG o 14 de xullo do 2013.

Sinopse

Un inspector da policía é atacado perante Conan e a Asociación de Detectives Xuvenís. Este é o comezo duns asasinatos en serie que involucran a todo o corpo de Policía Metropolitana. Poden estar detrás dos crimes un grupo de radicais? Pouco despois aparecen mortos dous axentes coa súa placa de policía ao carón, o que confirma os asasinatos en serie. Conan xunta Kogoro tratará de resolver o caso, pero o Inspector Megure non quere falar moito do tema, malia que colaborou sempre con eles.

Shiratori fala do "NON LLE CONVÉN SABELO", unha frase que simboliza o feito de que no caso estean involucrados axentes da policía. E os casos de asasinato seguen acontecendo... A axente Sato é atacada e Ran aparece ao pé dela manchada de sangue, o que fai que, confundida, caia nunha amnesia, acompañada dun sentimento de saudade.

Agora é Conan quen só pode resolver o caso, protexendo ao mesmo tempo a Ran, a quen o verdadeiro asasino quere matar porque lle viu a cara na escena do crime.

Dobraxe Estudio: SODINOR S.A. Data: 2013. Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea. Tradución: María Alonso Seisdedos. Elenco da dobraxe: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal Conan EdogawaTeresa SantamaríaMinami TakayamaShinichi KudoGaspar SomozaKappei YamaguchiRan MouriIsabel VallejoWakana YamazakiKogoro MouriMatías BreaAkira KamiyaHiroshi AgasaPaco BarreiroKenichi OgataInspector MegureAlfonso ValiñoFurin ChaGenta KojimaAntón ReyWataru TakagiMitsuhiko TsuburayaMontse DavilaIkue OhtaniAyumi YoshidaMarián MuíñoYukiko IwaiSonoko SuzukiNora AbadNaoko MatsuiInspector ShiratoriCésar CambeiroKaneto ShiozawaAxente TakagiManolo PombalWataru TakagiAi HaibaraHelena AmoedoMegumi HayashibaraAxente SatoMontse DavilaAtsuko YuyaAxente ChibaAntón RubalIsshin ChibaEri KisakiCharo PenaGara TakashimaMidori KuriyamaXermana CarballidoAsoko DodoToshiro Odagiri Santiago CortegosoKoji NakataOsamu NarasawaAntón OlmosYu ShimakaKyosuke KazatoAntón JaKazuhiko InoueToshiya OdagiriAntón OlmosHisao EgawaTamotsu JinnoSantiago CortegosoNaoya UchidaInspector TomonariSantiago CortegosoTakao OyamaTamaki JinnoXermana CarballidoRika FukamiMakoto TomonariÓscar FernándezToshiyuki MorikawaSara ShiratoriAna LemosSayaka OharaRecepcionistaAna LemosAkiko KoikeEnfermeiraAna LemosMitsuki SaikoNakanoAntón OlmosTakashi NagasakoAmigoÓscar FernándezYasuyuki KaseYouichiro ShibaAntón RubalJin YamanoiPresentadorÓscar FernándezHiriomichi OgamiXornalistaAntón RubalYukino Yokosuka

Música A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "Anata Ga Iru Kara" ("Porque ti estás aquí"), interpretada por Miho Komatsu.

Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 2001.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de O detective Conan Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes ambientados en Tokyo Categoría:Filmes de 2000 con versión en galego