thumb|Réplica da Luna 16, unha sonda de tipo Luna Ye-8-5. Baixo o nome de Luna Ye-8-5 atópase un modelo sondas espaciais soviéticas composto por oito membros e cuxa misión era aterrar na Lúa e traer mostras da superficie lunar de volta á Terra.

Características A misión das sondas Luna Ye-8-5 era aterrar na superficie lunar, recoller unha mostra de solo e devolvela á Terra dentro dunha cápsula.

Lanzáronse oito sondas modelo Luna Ye-8-5, dous das cales (Luna 16 e Luna 20) tiveron éxito e trouxeron á Terra un total de 130 gramos de solo lunar.

Historial de lanzamentos

Voo Data Carga Resultado Notas 1 19 de febreiro de 1969 Luna 15b Fallo Fallo do foguete lanzador. 2 13 de xullo de 1969 Luna 15 Fallo A sonda foi lanzada con éxito e posta en órbita lunar, pero estrelouse non momento de intentar aterrar. 3 23 de setembro de 1969 Luna 16a (Kosmos 300) Fallo parcial A última etapa do foguete perdeu oxíxeno líquido por culpa dunha válvula defectuosa, co que non puido impulsar á sonda cara a Lúa, quedando en órbita terrestre. 4 22 de outubro de 1969 Luna 16b (Kosmos 305) Fallo parcial Fallo do sistema de control da última etapa do foguete lanzador, quedando a sonda en órbita terrestre. 5 6 de febreiro de 1970 Luna 16c Fallo Fallo da primeira etapa do foguete lanzador. 6 12 de setembro de 1970 Luna 16 Éxito A sonda aterra con éxito e devolve á Terra 100 gramos de solo lunar. Primeiro retorno automático de mostras dun corpo celeste. 7 2 de setembro de 1971 Luna 18 Fallo A sonda foi posta con éxito en órbita lunar, pero estrelouse ó intentar aterrar. 8 14 de febreiro de 1972 Luna 20 Éxito A sonda aterrou con éxito e devolveu á Terra 30 gramos de solo lunar.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Luna E-1 Luna E-1A Luna E-3 Luna E-6 Luna E-6LF Luna E-6LS Luna E-6M Luna E-6S Luna Ye-8 Luna Ye-8-5M Luna Ye-8-LS

Categoría:Programa Luna