Sabela González Panizo, nada en Burela en 1981, é unha escritora galega.
Traxectoria Reside en Vigo, onde estudou Tradución e Interpretación. Ten feito un máster en edición en Madrid. Foi a secretaria de GÁLIX durante 2017-2018. Dende o 2008 traballa na Universidade de Vigo como técnico de proxectos internacionais de investigación.
Obra Literatura infanto-xuvenil As crónicas de Landereina. Bágoa de LúaAs crónicas de Landereina: Bágoa de Lúa, recensión de Ledicia Costas en Praza Pública o 10 de xullo de 2013., 2013, Galaxia. As crónicas de Landereina. Feitizo de sangue, 2015, Galaxia. As crónicas de Landareina. Sangue de LúaRecensión da obra en PalabradeGatsby.com., 2016, Galaxia.
Obras colectivas 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
Premios Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil e xuvenil (de 3º e 4º da ESO) no 2015, por Bágoa de Lúa.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil da autora en As crónicas de Landereina e Galería de fotos Perfil na Editorial Galaxia Gramática de corpos, blog da autora
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Burela Categoría:Nados en 1981 Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia