Las mañanas de Cuatro foi un programa de televisión matinal que se emitía de forma diaria na canle española Cuatro. O espazo, presentado por Jesús Cintora, contaba con varios faladoiros e análises sobre a información diaria, prestando especial atención á súa mesa política, onde distintos xornalistas discutían os temas relacionados coa xornada. Emitíase de luns a venres de 12:30 a 14:00 horas en Cuatro.

Historia Las mañanas de Cuatro é o primeiro magazine matinal de Cuatro. Desde os seus inicios e ata decembro de 2010, foi presentado por Concha García Campoy coa colaboración especial de Gonzalo Miró entre 2006 e 2008, pero trala fusión de Telecinco e Cuatro -producida a finais de 2010- a xornalista pasou á cadea nai do grupo, polo que o magazine pasou a ser presentado por Marta Fernández (antiga reporteira nos inicios do programa). Doutra banda, o magazine foi producido desde os seus inicios en outubro de 2006 pola compañía Plural Entertainment ata decembro de 2010 e trala fusión entre Telecinco e Cuatro en xaneiro de 2011, prodúceno a axencia de noticias Atlas e a produtora Mandarina. Tamén hai que destacar que o programa realízase en directo co esquema clásico doutros formatos matinais e está estruturado en diversas seccións: información diaria, actualidade, xente, sociedade, novas tendencias, debates e mesas políticas, ademais de conexións directas con informativos.

O programa bateu o seu récord de audiencia o 30 de xuño de 2008 coa análise da vitoria da selección española de fútbol na Eurocopa 2008. Ese día o programa foi visto por 851.000 persoas o que se traduciu nun share do 15,1%.Las mañanas de Cuatro (15,1%) cierra temporada en alto gracias a la Selección FormulaTV.com

O venres 26 de abril de 2013, Marta Fernández despediuse do magazine matinal logo de máis de dous anos á fronte. Así, a presentadora regresou ao equipo de redacción de Informativos Telecinco poñéndose, ademais, á fronte da primeira edición de Noticias Cuatro xunto a Hilario Pino. No seu lugar, desde o 6 de maio, Jesús Cintora pasou a presentar o programa. Así, Las mañanas de Cuatro sufriu unha reestruturación co obxectivo de plantar cara a Al rojo vivo, a súa principal competencia, buscando un perfil máis político e informativo.

Equipo técnico Presentadores Concha García Campoy (2006-2010) Marta Fernández (2011-2013) Jesús Cintora (2013-2015) Javier Ruiz (2015-2018)

Presentadores substitutos Ruth Jiménez (Veráns de 2011 e 2012) Verónica Sanz (Nadal 2012/2013 e semana do 29 de abril ao 3 de maio de 2013)

Co-presentadores Aitor Trigós (2006-2007) Gonzalo Miró (2006-2009)

Colaboradores actuais Actualidade política Alfonso Merlos (2011-) José María Calleja (2011-) Fernando Jauregui (2011-) Melchor Miralles (2012-) Carlos Cuesta Arce (2012-) Alicia Gutiérrez (2012-) Cristina de la Hoz (2011-) Ignacio Escolar (2011-) Carmen Morodo (2011-) Ángela Vallvey (2011-2012) Jan Martínez Ahrens (2011-) Antonio Papell (2011-) Elisa Beni (2011-) Jorge Verstrynge (2011-) Consuelo Sánchez Vicente (2011-2012) Monserrat Nebrera (2011-2012) Ernesto Ekaizer (2011-) Jaime Gonzalez (2012-) Marina Castaño (2011-2012) Federico Quevedo (2011-) Carmen Tomás (2013-) Pablo Iglesias (2013-)

Actualidade Ángel Moya (2006-) Xornalista de sucesos Bárbara Arroyo (2011-) Criminóloga e avogada Javier Saavedra (2011-) Avogado Javier Chicote (2011-) Xornalista de Investigación José María Benito (2011-) Inspector de policía

Deportes Kiko Narváez (2011-) Comentarista. Ex xogador Pedro Pablo San Martín Xornalista deportivo Nico Abad Comentarista. Presentador Deportes Cuatro Luis García Comentarista. Presentador Deportes Cuatro

Sociedade Boris Izaguirre (2011-) Comentarista

Outros Luján Argüelles (2011-) Comentarista sobre ¿Quién quiere casarse con mi hijo? Paco Nadal (2011-) Viaxes Iñaki Piñuel (2011-) Psicólogo Oswaldo Enrique (2011-) Detective privado

Antigos colaboradores Actualidade política María Antonia Iglesias (2006-2010) Juan Pedro Valentin (2006-2009) Luis Alberto de Cuenca (2006-2010) José María Lasalle (2006-2010) Concha Boó (2011) Arturo Gónzalez Ramón Pérez Maura Antonio San José Victoria Lafora Vicente Jiménez Francisco G. Basterra José Ignacio Wert Juan Carlos Viloria Matias Valles Fernando Onega Carlos Rodríguez Braun Antonio Elorza María Claver Carlos Mendo José María Brunet Gemma Robles Sociedade Rosa Villacastin (2006-2007) Amelia S. Sampedro (2006-2007) Carlos Telmo (2006-2009) Mariola Orellana (20007-2009) Lola Carretero (2007-2009) Sandra Aladro (2006-2010) Concha Calleja (2009-2010) Consuelo Font (2009-2010)

Outros Darío Barrio (2006-2010) Cociñeiro Gracíela Almendral (2006-2010) Científica Emilia Zaballos (2006-2010) Avogada Carmen Porter (2006-2010) Misterios Clara Couren (2006-2010) Moda e tendencias Ángel Borja (2006-2010) Melloras persoais e profesionais

Reporteiros Marta Fernández (2006-2007) Ingrid Betancor (2007-2010) Desirée Hernández (2011-) Oscar Rodríguez (2011-) Arantxa Vázquez (2011-) Verónica Sanz (2011-) Antonio Texeira (2011-)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Ficha en IMDb

Categoría:Programas de Cuatro Categoría:Programas de televisión de variedades de España Categoría:Programas informativos de televisión de España