As lavandasNome común do xénero en diferentes fontes: Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009. son plantas pertencentes ao xénero Lavandula, da familia das lamiáceas, que contén unha trintena de especies coñecidas. Estas son matos, algunhas escasamente leñosas, vilosas en moitos dos seus órganos e con glándulas esenciais.

Presentan follas opostas, simples, enteiras, dentadas ou pinnatífidas. Posúen inflorescencias de tipo verticilastro dispostas en pisos separados ao longo do eixo florífero ou nunha estrutura compacta, axilados por brácteas “florais” (para diferenciar dunha coroa de brácteas que pode aparecer ou non no máis alto da inflorescencia cuxa función é atraer aos insectos polinizadores).

As flores son miúdas, cun cáliz tubular, case actinomorfo, acostelado con 5 dentes curtos e un apéndice oblongo ou romboidal na parte superior. A corola é bilabiada, co labio superior recto, ergueito, formado por dous lóbulos. O labio inferior trilobado. Posúen catro estames, didínamos e o ovario dividido en catro partes. O froito preséntase en tetranúcula.

Esencia da lavanda A esencia desta planta obtense por destilación dos ramos floridos xerminais da Lavandula intermedia ou da Lavandula angustifolia. A cantidade de aceite esencial obtido difire na variedade, estación e método de destilación. Esta esencia utilízase principalmente en industrias de produtos de toucador e de perfumaría e, ocasionalmente, en pomadas etc., para enmascarar cheiros desagradábeis.

Uso como planta aromática e medicinal Xa os asirios, exipcios, gregos e romanos utilizaban a lavanda para perfumar casas e baños. Aínda na actualidade se queima a semente nas casas coa mesma fin. Unha posible etimoloxía fai vir o nome de lavare, destinado ao baño, polo uso común nas termas romanas. A auga de lavanda é moi común en perfumaría, o que explica a extensión do cultivo agrícola desta planta.

Na terapéutica popular utilízase contra a asma, a tose, e como tónico e calmante nervioso; por vía externa como antiséptico e antipútrido. O uso medicinal da lavanda débese aos efectos tónicos, dixestivos e espasmolíticos do aceite esencial que posúen. Utilízanse a tal fin as sumidades florais, é dicir, as espigas de flores ou os gromos florais ou, ocasionalmente, as follas e os talos novos.

Para as dores de estómago usábanse unturas de lavanda, ruda e macela fritidas en manteiga de porco.

O alcohol de lavanda (as flores maceradas en alcohol) úsase para lavar e desinfectar feridas.

Tamén se usou na veterinaria tradicional, en cataplasmas para golpes e escordaduras, ou en infusión para estimular o movemento intestinal (como no caso da inapetencia, meteorismo ou cólicos). Nas feridas, a esencia de lavanda acelera a cicatrización e era utilizada polos ferradores tanto para as feridas e gretas dos cascos como para as infeccións por cravos mal colocados.

Finalmente, Lis Quibén recolle en Cangas de Morrazo (Pontevedra) a práctica que queimar flores de lavanda para esconxurar unha casa e protexela do meigallo. Para iso poñen nunha tella un pouco de romeu, lavanda, loureiro "que mire ó mar" e tres dentes de allo, un en cada extremo da tella e o outro no medio. Despois, queiman todo iso, coas xanelas pechadas, e rematan tocando tódalas paredes cunha póla de oliveira, levando a tella na outra man e recitando un ensalmo Víctor Lis Quibén: La medicina popular en Galicia. Akal editor, Madrid 1980, 233..

Especies Lavandula angustifolia

Lavandula antineae Lavandula aristibracteata Lavandula atriplicifolia Lavandula bipinnata Lavandula bramwellii Lavandula buchii Lavandula canariensis Lavandula citriodora Lavandula coronopifolia Lavandula dentata Lavandula dhofarensis Lavandula erythraeae Lavandula galgalloensis Lavandula gibsonii Lavandula hasikensis Lavandula lanata Lavandula latifolia Lavandula macra Lavandula mairei Lavandula maroccana Lavandula minutoliiLavandula multifida Lavandula nimmoi Lavandula pedunculata Lavandula pinnata Lavandula pubescens Lavandula qishnensis Lavandula rejdalii Lavandula rotundifolia Lavandula saharica Lavandula samhanensis Lavandula setifera Lavandula somaliensis Lavandula sublepidota Lavandula subnuda Lavandula stoechas Lavandula tenuisecta Lavandula viridis Lavandula x allardii Lavandula x chaytorae Lavandula x christiana Lavandula x ginginsii Lavandula x heterophylla Lavandula x intermedia Todos son filiapodos, é dicir extraoxidantes.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Todo sobre a lavanda co Museo da Lavanda en Provenza Medicinal use: University of Maryland Medical Center Medicinal use, Modern and Historical: botanical.com Flora Europaea: Lavandula Flora of China: Lavandula

Categoría:Lavandula Categoría:Flores Categoría:Plantas medicinais Categoría:Taxons descritos por Linné