Manuel Lueiro Edreira, nado en Calo (Teo) e finado no mesmo concello en marzo de 1932,Vida Gallega, 30-3-1932, p. 43 foi un agrarista e xornalista galego.
Traxectoria Emigrado en Buenos Aires, foi o fundador e primeiro presidente da Sociedad de Residentes de Calo (1907), dirixiu o periódico Teo (1911). Ao regreso a Calo foi directivo da Sociedad de Agricultores y Ganaderos de Calo e fundou e dirixiu o periódico La Defensa de Teo (1912-1916). Representante do Comité Radical de Buenos Aires, en maio de 1913 presentou o mitin de Alejandro Lerroux en Teo. Volveu marchar a Buenos Aires en 1916.Gaceta de Galicia , 24-3-1916, p. 2. Foi correspondente de Gaceta de Galicia na Arxentina. Regresou en 1917 e foi detido con Manuel Nogueira Insua pola súa participación na folga xeral dese ano. Foi redactor-xefe de La Redención en 1919. Volveu marchar a Buenos Aires. Ao regreso opositou a secretario de concello en 1925 e foi funcionario e secretario do concello de Teo. En setembro de 1931 organizou en Calo unha agrupación local do Partido Radical Agrario.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Teo Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Teo Categoría:Finados en 1932 Categoría:Nados en ano descoñecido