Priaranza (oficialmente e en castelán, Priaranza del Bierzo) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 33,69 km², na que vivían 828 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 24,58 hab./km².
Xeografía O concello de Priaranza do Bierzo está integrado polas parroquias de Cornatelo, Ferradillo, Paradela de Muces, Priaranza, Rioferreiros, Santalla do Bierzo, A Vilavella e Villalibre de la Jurisdicción.
Demografía
Lingua O concello de Priaranza atópase nos lindeiros lingüísticos tradicionais entre o galego e o leonés. No concello, fálanse tres linguas: castelán, galego e leonés. As poboacións de Priaranza que pertencen ao ámbito lingüístico galego-berciano son: Paradela de Muces, Rioferreiros, Santalla do Bierzo e A Vilavella.
Patrimonio 250px|miniatura|Castelo de Cornatelo.
O castelo de Cornatelo é unha fortificación de orixe medieval. Nel o escritor romántico Enrique Gil y Carrasco sitou a novela El Señor de Bembibre.
O 2 de febreiro celébrase a festa das Candelas, e o 6 de agosto o San Salvador, cun desfile de carrozas.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Concellos galegofalantes de Castela e León Categoría:Concellos da provincia de León Categoría:Concellos do Bierzo