José Luis Coedo Novo, nado en 1949, é un político e empresario galego, que foi alcalde das Nogais durante dúas décadas.

Traxectoria Foi elixido alcalde das Nogais polo PSdeG-PSOE, con maioría absoluta, logo das eleccións de 1987. Renovou o cargo repetidas veces (1991, 1995, 1999, 2003), sempre con maioría absoluta. Nas eleccións de 2007 conservou o bastón de mando, se ben perdeu a maioría absoluta. Non concorreu á reelección nos comicios de 2011 e abandonou a alcaldía.

En 2011 foi xulgado porque o vertedoiro municipal carecía de licenza, pero resultou absoltoAbsuelto de un delito ecológico el ex alcalde de As Nogais, La Voz de Galicia, 7/9/2011.. En 2013 foi xulgado de novo, desta volta por malversación de fondos no seu tempo como alcalde, e el mesmo recoñeceuse culpable. Foi condenado a dous anos de prisión, ademais de a unha pena de inhabilitaciónO anterior alcalde das Nogais recoñece ter prevaricado e malversado, El Progreso, 17/7/2013..

Empresarialmente é propietario de establecementos de hostalaría. É o autor da guía Os Ancares: turismo rural, publicada en 1997.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais nas Nogais

Categoría:Alcaldes das Nogais Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en 1949