Psychocandy é o álbum de estrea da banda escocesa de rock alternativo The Jesus and Mary Chain, publicado en novembro de 1985 a través do selo Blanco y Negro Records. O disco está considerado un punto de referencia: a súa combinación de guitarras retroalimentadas con estruturas tradicionais de pop demostrou ser moi influente no posterior movemento shoegaze e no rock alternativo en xeral. A banda alonxaríase do seu son abrasivo co lanzamento do seu segundo traballo Darklands.

Antecedentes e gravación Despois de deixar os seus traballos en 1980, os irmáns Jim e William Reid formaron The Jesus and Mary Chain co baixista Douglas Hart. Inspirándose en Einstürzende Neubauten, The Shangri-Las e The Velvet Underground & Nico, mercaron un gravador de catro pistas Portastudio e 1983 cando o seu pai perdeu o traballo nunha fábrica local e deulle aos irmáns 300 libras da súa indemnización. A banda gravou unha cinta demo que contiña as cancións "Upside Down" e "Never Understand" e que foi escoitada polo músico de Glasgow Bobby Gillespie, que á súa vez pasoulla ao seu amigo Alan McGee de Creation Records. McGee quedou impresionado coa cinta e invitou ao grupo a tocar nun evento de mostra de Creation Records en Londres, converténdose no seu representante pouco despois.

Despois de máis concertos en Londres, The Jesus and Mary Chain entraron en Alaska Studios, en Waterloo, e gravaron o seu sinxelo de estrea, "Upside Down". Publicado por Creation Records en novembro de 1984 e contando cunha cara-b producida por Slaughter Joe, o sinxelo esgotou a súa primeira edición e rematou o ano no número 37 da lista Festive Fifty de John Peel. Tras recrutar a Gillespie como batería a finais de 1984, The Jesus and Mary Chain asinaron coa subsidiaria de WEA Blanco y Negro Records, que fora creada polo fundador de Rough Trade Geoff Travis. A banda entrou nos Island Studios para gravar co enxeñeiro Stephen Street, pero as sesións demostraron ser infructuosas volvendo a Alaska Studios para rexistrar o seu segundo sinxelo, "Never Understand". Blanco y Negro editou o sinxelo en febreiro de 1985, e en marzo dese ano comezarían a gravar o seu álbum de estrea co enxeñeiro John Loder en Southern Studios. Psychocandy gravaríase en seis semanas gastando 17 000 libras en custos de gravación e produción.

Música e letras Psychocandy contén catorce temas cunha duración total de 39 minutos. A súa música foi descrita como "pop bubblegum afogado na retroalimentación", que fusiona "melodía con desagradables estoupidos de ruído branco". Os críticos destacaron a influencia de grupos de pop clásico dos 60 como The Beach Boys e The Rolling Stones xunto co traballo das bandas de rock The Velvet Underground, The Stooges e Suicide no álbum.

Jim Reid encargouse das voces principais neste álbum, coa excepción do tema "It's So Hard", cantado por William Reid.

Listaxe de cancións

Nota: a edición en CD de 1986 contén a canción extra "Some Candy Talking", entre "Taste of Cindy" e "Never Understand".

Notas

Categoría:Álbums de The Jesus and Mary Chain Categoría:Álbums musicais de 1985 Categoría:Álbums de Blanco y Negro Records