Vallbona é un barrio do distrito de Nou Barris da cidade de Barcelona. Está separado do resto da cidade de Barcelona polas autoestradas de Xirona e Manresa a estrada C-17, polo oeste, e a leira agrícola La Ponderosa, polo sur. Ao leste temos o leito do río Besòs, no termo municipal de Santa Coloma de Gramenet, e ao norte o barrio de Can Sant Joan, do termo municipal de Montcada i Reixac.
En febreiro de 2006 o alcalde Joan Clos inaugurou a ponte do Congost, que conecta os barrios de Torre Baró e Vallbona, por enriba das vías do tren e da AP-7, cunha beirarrúa ampla para viandantes e un corredor de bicicletas.S'inaugura el pont del Congost, que acosta els barris de Vallbona i Torre Baró
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Vallbona, na web do Concello de Barcelona
Categoría:Nou Barris Categoría:Barrios de Barcelona