La Acción foi un periódico editado na Coruña en 1908.

Historia e características Subtitulado Quincenario anarquista, apareceu o 11 de novembro de 1908.El Noroeste, 12-11-1908, p. 2.. No seu grupo editor figuraban Benito Cadavid, Marcial Lores, José Sanjurjo Rodríguez, Julio Creo e Ricardo Cotelo. Cunha tiraxe de 1 000 a 1 500 exemplares, saíron unicamente tres números. Desapareceu ao faltarlle o apoio económico das sociedades obreiras coruñesas, afogadas polas folgas, o 15 de decembro de 1908.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Prensa anarquista de Galicia Categoría:1908 en Galicia