José Rodríguez Vázquez, coñecido como Vázquez de Calo e Vázquez da Xesta, nado en 1904 e finado en Calo en decembro de 1965, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Emigrou a Cuba sendo neno. Foi secretario da Xuntanza Nacionalista Galega d’Habana e colaborou no seu órgano Terra Gallega. Retornou a Galicia a finais dos anos vinte. Fíxose mestre. Reorganizou a Sociedad de Oficos Varios de Teo-Ames e o Centro Republicano de Teo, do que foi o primeiro secretario xeral. Representante dos obreiros de Teo nas folgas de 1931-1932. Membro do Partido Galeguista desde 1932. Foi nomeado alcalde de Teo o 16 de marzo de 1936 e permaneceu no cargo ata a golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Foi detido e condenado a cadea perpetua. Foi multado con 500 pesetas pola Comandancia Militar de Santiago de Compostela en setembro de 1937 por "manifesta desafección ao Movemento Nacional con motivo dun acto patriótico celebrado en Calo".El Eco de Santiago, 17-9-1937, p. 2.

Conmutada a pena, ao saír da prisión exiliouse na Arxentina despois de pasar por Portugal. Na Arxentina estivo vencellado a Manuel Puente, foi secretario da Irmandade Galega de Bos Aires, traballou para o Consello de Galiza e colaborou en A Nosa Terra, El Orensano e Opinión Gallega.Os exilios ibéricos: Unha Ollada comparada. Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza En 1945 gañou o concurso sobre A parroquia galega como núcleo social organizado polo Consello de Galicia con traballo "Deus Fratesque Galletia".El Orensano, 30-6-1945, p. 6. Retornou a Galicia en 1947. Finou en Calo en decembro de 1965.El Pueblo Gallego, 11-12-1965, p. 16. Vida persoal Casou con Adelina Mourullo Otero e foi pai de Gonzalo Rodríguez Mourullo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas "Represión Franquista en Teo" Miguel Paz Cabo in Congreso Víctimas franquismo. Relación Alcaldes Concello de Teo Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Nados en 1904 Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Alcaldes de Teo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Finados en 1965