Vincenzo Renato Rennella, máis coñecido como Vincenzo Rennella ou Enzo Rennella, nado o 8 de outubro de 1988 en Saint-Paul-de-Vence, Alpes Marítimos (Provenza-Alpes-Costa Azul) é un futbolista profesional franco-italiano que xoga na posición de dianteiro no Miami FC.

Traxectoria Nado e criado en Francia, de pai italiano e nai francesa, comezou a xogar como xuvenil no AS Cannes, onde chegou debutar como profesional nun partido da terceira división do fútbol galo. En 2007 foi adquirido polo FC Lugano da Challenge League suíza, segunda categoría do fútbol helvético. No seu primeiro ano anota 7 goles, o que xunto coas súas boas actuacións espertan o interese do Genoa da Serie A italiana, que o contrata cedéndoo de novo ao Lugano. Nesa tempada consegue a marca de anotar 24 goles en 22 partidos, chegando a ter un rexistro de 16 goles nos 12 primeiros partidos de Liga, e sendo o máximo goleador da competición. En total no club suízo anotaría 31 goles en 51 partidos.

Ao ano seguinte da o salto de categoría, e o Genoa cédeo esta vez ao histórico Grasshopper da Super Liga suíza, onde estaría dúas tempadas, anotando 8 goles no seu segundo ano. Isto chama de novo a atención do fútbol italiano, polo que Rennella é cedido ao AC Cesena da máxima categoría do fútbol italiano. Debuta na competición o 30 de outubro de 2011 ante o Parma FC, anotando o seu primeiro e único gol o 22 de abril ante o Palermo.

Ao ano seguinte, o seu útlimo de contrato co Genoa, é cedido ao Córdoba da Segunda División española, onde anota 7 goles en 33, non chegando ao seu nivel habitual por mor do falecemento do seu pai durante a tempada. Porén, as súas boas actuación lévano a fichar por catro tempadas polo Real Betis, club da Primeira División, que o cede ao Club Deportivo Lugo. No conxunto galego, no seu primeiro partido como local no Anxo Carro, consegue anotar dous goles e dar unha asistencia ante o Real Jaén, racha que continuou anotando o gol da vitoria do Lugo ante o Real Zaragoza na Romareda e na seguinte xornada ante o Girona.

Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesAS Cannes National 3ª2006-200710FC Lugano Challenge League2ª2007-2008297FC Lugano Challenge League2ª2008-20092224Grasshopper Super League1ª2009-2010111Grasshopper Super League1ª2010-2011208AC Cesena Serie A1ª2011-2012151Córdoba CF Liga Adelante 2ª2012-2013337Lugo Liga Adelante2ª2013-20143513

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Rennella en bdfutbol.com Perfil de Rennella en Transfermarkt

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados no departamento de Alpes Marítimos Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Futbolistas de Italia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do AS Cannes Categoría:Xogadores do FC Lugano Categoría:Xogadores do Grasshopper-Club Zürich Categoría:Xogadores do AC Cesena Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Genoa CFC