As Plantago, son un xénero de plantas con flores pertencente á familia Plantaginaceae e composto de arredor de 200 especies. A maioría son plantas herbáceas, aínda que hai arbustos que acadan os 60 cm de altura. As follas son sésiles (sentadas), e polo tanto o seu pecíolo é un pseudopecíolo. Teñen 3 ou 5 veas paralelas. As follas son largas ou estreitas, segundo a especie. A inflorescencia son os talos típicos con 5-40 cm de altura, coas flores miudiñas e moi numerosas que son polinizadas polo vento.
Etimoloxía O nome xenérico Plantago vén do latín plantāgo, -ĭnis, que evolucionou ao galego en chantaxe. Existen as seguintes variantes dialectais: chanta, chantasia, chantán, chante, chantaxa.Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 As diferentes especies reciben ademais numerosos nomes vulgares. Outros nomes comúns son: tentén, lantaxe.E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
Especies Comúns en Galiza Chantaxe maior, a herba Plantago major, correola, lingua de vaca.Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Diccionario Cumio da lingua galega. Vigo, Ed. do Cumio, 1999 Chantaxe lanceolada, a herba Plantago lanceolata, lingua de ovella; correola.Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004. "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009 Outros nomes comúns: herba leiteira, cinco en vea, sete costas e porroá. Chantaxe de mar, a herba Plantago maritima. Herba estrela, a herba Plantago coronopus, herba estrela, herba estrelada , estrelamar., acianosVocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000 Outros nomes son: diabella, herba vella, nigavella,; negavella, lingua de ovella.Aníbal Otero Álvarez (1961): Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugés, CEG IL, pp. 160-175 Lingua de cordeiro, a herba Plantago media. Zaragatona, as herbas: Plantago psyllium, zaragatoa.Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar Plantago afra L., Plantago arenaria Waldst. et Kit.
A planta chamada chantaxe de auga, non pertence a este xénero, senón que o seu nome científico é: Alisma plantago-aquatica, alisma, chantaxe acuática.
Listaxe xeral Hai arredor de 200 especies de Plantago, incluídas:
Plantago afra Plantago africana Plantago aitchisonii Plantago albicans Plantago alpina Plantago arborescens Plantago arenaria Plantago argentea Plantago asiatica Plantago aucklandica Plantago australis Plantago bigelovii Plantago bismarckii Plantago canescens Plantago coreana Plantago cordata Plantago coronopus Plantago cornuti Plantago cynops Plantago eripoda Plantago elongata Plantago erosa Plantago fernandezia Plantago fischeri Plantago gentianoides Plantago glabrifolia Plantago grayana Plantago hawaiiensis Plantago hedleyi Plantago heterophylla Plantago hillebrandii Plantago himalaica Plantago holosteum Plantago incisa Plantago krajinai Plantago lagopus Plantago lanceolata Plantago lanigera Plantago longissima Plantago macrocarpa Plantago macrorrhiza Plantago major Plantago maritima Plantago maxima Plantago media Plantago melanochrous Plantago musicola Plantago nivalis Plantago obconica Plantago ovata Plantago pachyphylla Plantago palmata Plantago patagonica Plantago polysperma Plantago principes Plantago pusilla Plantago psyllium Plantago raoulii Plantago rapensis Plantago remota Plantago reniformis Plantago robusta Plantago rugelii Plantago rupicola Plantago schneideri Plantago sempervirens Plantago sparsiflora Plantago subulata Plantago spathulata Plantago tanalensis Plantago taqueti Plantago tenuiflora Plantago triandra Plantago triantha Plantago tweedyi
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Albach, D. C., Meudt, H. M. & Oxelman, B. 2005. Piecing together the "new" Plantaginaceae. American Journal of Botany 92: 297-315 . Olmstead, R. G., dePamphilis, C. W., Wolfe, A. D., Young, N. D., Elisons, W. J. & Reeves P. A. 2001. Disintegration of the Scrophulariaceae. American Journal of Botany 88: 348-361 - on line here . Olmstead, R. G. 2003. Whatever happened to the Scrophulariaceae? Fremontia 30: 13-22 (available online here ). Oxelman, B.; Kornhall, P.; Olmstead, R.G.; Bremer, B. 2005. Further disintegration of the Scrophulariaceae. Taxon'' 54(2): 411-425. Rahmanzadeh, R., K. Müller, E. Fischer, D. Bartels & T. Borsch. 2005. The Linderniaceae and Gratiolaceae are further lineages distinct from the Scrophulariaceae (Lamiales). Pl. Biol. ( Stuttgart) 7: 67-78.
Categoría:Plantago Categoría:Flora de Galicia Categoría:Taxons descritos por Linné