Ramón Vilas González, finado na Coruña o 28 de xaneiro de 1944,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 29-1-1944, p. 3. foi un avogado e político galego. Traxectoria Fillo de Ramón Vilas Arias. Foi xuíz municipal da Coruña (1905). Membro do Partido Liberal e leal a Manuel García Prieto, foi concelleiro da Coruña, deputado provincial polo distrito de Ferrol-Ortigueira (en 1915 e outra vez en 1919) e en 1922 foi elixido presidente da Deputación da Coruña ata a ditadura de Primo de Rivera. Convocou unha Asemblea de Deputacións e Concellos de Galicia o 5 de marzo de 1922. Durante a Segunda República foi Vicepresidente da Electra Popular Coruñesa e volveu ser deputado provincial en 1934.

Vida persoal Casou con María del Pilar Durán Cao, e foi pai de María del Pilar Vilas Durán, que casou con José Miñones Bernárdez.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Presidentes da Deputación da Coruña Categoría:Finados en 1944