Paul Anspach, nado en Burcht o 1 de abril de 1882 e finado en Bruxelas o 28 de agosto de 1981, foi un tirador de esgrima belga, que competiu nas modalidades de espada e florete.

Anspach participou en catro olimpíadas co equipo de esgrima belga (1908, 1912, 1920 e 1924).

Traxectoria Anspach naceu nunha familia xudía en Burcht (Bélxica)

Foi o capitán do equipo nacional belga de espada de 1909 a 1928. A súa primeira participación dunha olímpiada foi nos xogos de Londres en 1908, competindo en espada, tanto no equipo individual como por equipos. Levando Bélxica a medalla de prata por equipos; Anspach gañou 10 dos seus 15 asaltos. Na compeción individual, chegou ás finais, quedando quinto. Tamén participou en sabre, chegando á segunda rolda.

Nos Xogos Olímpicos de 1912 en Estocolmo logrou a medalla de ouro en espada tanto en individual como por equipos. Entre os seus compañeiros de equipo estaba o seu irmán Henri Anspach, o recoñecido artista Jacques Ochs e Gaston Salmon. Na competición individual, gañou 6 das 7 loitas para gañar o ouro, perdendo só contra o británico Edgar Seligman. Anspach chegou tamén ás semifinais na competición de florete individual, antes de ser eliminado, quedano o 12º.

A seguinte competición olímpica de Anspach foi en 1920 nos Xogos de Anveres, gañando unha medalla de prata en espada por equipos. A súa derradeira Olimpíada foi en 1924 en París, alí chegou ás finais en espada individual, quedando en 9º lugar e en espada por equipos chegou de novo ás finais, rematando Bélxica en 2ª praza, polo que levou a medalla de prata.

En 1951 Anspach converteuse no primeiro gañador do Taher Pacha Trophy, establecido en 1950 por H.E. Mohammed Taher Pacha no que o COI premia anualmente a un atleta pola súa especial distinción no nome do Olimpismo

En 1976 Anspach levou a Medalla de Prata da Orde Olímpica, e nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal, o Comités d'organisation des Jeux Olympiques (COJO) convidou a Anspach a tomar parte na cerimonia da transmisión do Facho Olímpico de Atenas a Ottawa, pero debido á súa idade os médicos desaconselláronlle a viaxe, non obstante Anspach declarou que quedaba recoñecido polo privilexio que lle outorgaban .

Comité Olímpico Belga e Federación Internacional de Esgrima Anspach colaborou na formación do Comité Olímpico Belga en 1906.

En 1913 foi un dos fundadores da Federación Internacional de Esgrima ("Fédération Internationale d'Escrime", ou FIE)., servindo como o seu secretario xeral e como presidente de 1932 a 1939, ano no que debido á segunda guerra mundial suspendeu as súas actividades, retomou o posto en 1946, ata 1950.

En 1914 no Congreso Olímpico de París foi o secretario. e coa marqués de Chasseloup-Laubat deseñou as normas da esgrima como deporte olímpico.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Olympic record Biografía en Sports Reference

Categoría:Esgrimistas de espada Categoría:Esgrimistas de florete Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1908 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Bélxica Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Bélxica Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Bélxica Categoría:Esgrimistas olímpicos de Bélxica Categoría:Nados en 1882 Categoría:Nados na provincia de Anveres Categoría:Finados en 1981 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1908 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1924