A substantivación é un tipo de transposición consistente no paso dun vocábulo específico, frecuentemente adxectivo, nun acto de fala concreto, á clase de palabra substantivo por estar desenvolvendo a función sintáctica de núcleo do sintagma nominal.
Tipos Hai substantivación, entre outras moitas posibilidades, nos seguintes casos:
Un adxectivo substantivado con función nuclear no sintagma nominal suxeito: O innovador parece atractivo. Un adxectivo substantivado con función nuclear no sintagma nominal de complemento directo: Degoro as feixoas. Un adverbio substantivado que fai a función de suxeito: O si das raparigas. Unha oración substantivada que fai a función de complemento indirecto: Voulle entregar doces a tódolos nenos que teñan as mans limpas. Unha oración substantivada que fai a función de suxeito: Tódolos nenos que teñan as mans limpas collan cadansúa torta''.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Translación
Categoría:Clase de palabra