Hail to the King é o sexto álbum de estudio da banda americana Avenged Sevenfold, este foi producido por Mike Elizondo. É o primeiro álbum co seu novo batería Arin Ilejay, que se uniu á banda no 2011 para tocar nos concertos e no 2013 xa é recoñecido como membro oficial. Este tamén é o primeiro álbum sen ningunha participación do antigo membro The Rev.

Características A finais do 2012 a banda declara que comeza a traballar nun novo álbum que será publicado no 2013, este comeza a súa gravación na primeira metade do 2013. En xuño do 2013 anuncian que o sexto álbum de estudio sería publicado o 27 de agosto de 2013, co nome "Hail to the King"Anuncio Hail to the King REVOLVER Magazine. Segundo declaracións da banda, querían facer un álbum de metal clásico, cun son que recorda a bandas coma Black Sabbath ou Led Zeppelin.

Todas as letras das cancións foron escritas por M. Shadows agás St. James que foi escrita por Synyster Gates. St James é unha canción que se pode atopar na versión "deluxe" do álbum e é a única do álbum dedicada a The Rev. No álbum a banda transmite unha mensaxe coa canción, relacionándoa coa canción "So Far Away" do álbum Nightmare, esta é a seguinte:

Listaxe de cancións

Shepherd of Fire - 5:22 Hail to the King - 5:04 Doing Time - 3:27 This Means War - 6:09 Requiem - 4:23 Crimson Day - 4:57 Heretic - 4:55 Coming Home - 6:26 Planets - 5:56 Acid Rain - 6:38

A versión Deluxe do álbum contén ademais a canción "St James" (de duración 5:01) e o vídeo musical de "Hail to the King".

Singles O 15 de xullo de 2013 publícase o primeiro single de mesmo nome que o álbum "Hail to the King".

Créditos

Avenged Sevenfold M. Shadows - voz. Synyster Gates - guitarra líder, coros. Zacky Vengeance - guitarra rítmica, coros. Johnny Christ - baixo, coros. Arin Ilejay - batería.

Produción

Producido por Mike Elizondo.

Notas

Categoría:Álbums de Avenged Sevenfold Categoría:Álbums musicais de 2013 Categoría:Álbums de Warner Bros. Records