José Cobreros de la Barrera, finado en Madrid o 21 de novembro de 1976Necrolóxica en ABC, foi un enxeñeiro e político galego.
Traxectoria Militante do Partido Radical do que foi vicepresidente en Lugo en 1931. Foi elixido concelleiro en Lugo pola Alianza Republicana na primeira corporación republicana e logo elixido alcalde. Foi elixido presidente da Deputación de Lugo o 7 de febreiro de 1934 e dimitiu como alcalde. Foi nomeado Gobernador civil de Lugo (do 21 de decembro de 1935 ata o 31 do mesmo mes) e despois da Coruña (do 1 de xaneiro de 1936 ao 22 de febreiro).
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expedientado por responsabilidades políticas e sancionado.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo
Categoría:Alcaldes de Lugo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Presidentes da Deputación de Lugo Categoría:Gobernadores civís de Lugo Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Finados en 1976