Hurtan Desarrollos S.L. é unha empresa española, fundada polo almeriense Juan Hurtado González, dedicada á fabricación artesanal de automóbiles en Santa Fe, Granada.
Historia
No ano 1991, Juan Hurtado González desenvolveu os primeiros bocexos e cálculos de proxección do que sería o primeiro modelo de automóbil de estilo clásico, inspirado nos modelos dos anos 40 e 50.
No ano 1992, aparece o modelo Hurtan Albaycín T2, seguido do T2+2. Os dous modelos son convertibles, de dous e catro prazas respectivamente. En 2002 traballou sobre a mecánica dun Renault Clio II e conseguiu a homologación e o permiso para a comercialización en 2004, logo de adaptarse á normativa europea en materia de seguridade e medio ambiente.
Modelos miniatura|Hurtan Albaycín T2. Hurtan Albaycín T2 Hurtan Albaycín T2+2 Hurtan Grand Albaycín
En 2015 a empresa anunciou o acordo con Jofemar Electromobility para a creación ao 50% dunha empresa para a fabricación de autos de luxo eléctricos nas antigas instalacións de Santana, en Linares (Jaén).
Características O proceso de fabricación dura entre 5 e 6 meses. O chasis utilizado está baseado no do Renault Clio. A carrozaría está realizada en fibra de vidro. O cambio de marchas está configurado para desenvolvementos curtos. A pintura da carrocería é totalmente personalizable. Hai 4 motorizacións diferentes, que van dos 60 CV ata os 178.
Notas
Bibliografía Harald Linz, Halwart Schrader: Die Internationale Automobil-Enzyklopädie. United Soft Media Verlag GmbH, München 2008, ISBN 978-3-8032-9876-8. George Nick Georgano (Chefredakteur): The Beaulieu Encyclopedia of the Automobile, Volume 2 G–O. Fitzroy Dearborn Publishers, Chicago 2001, ISBN 1-57958-293-1.
Ligazóns externas
Páxina web oficial Páxina de autopasion18.com (español con fotos)
Categoría:Fabricantes de automóbiles de España Categoría:Provincia de Granada